Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

O aparcadoiro da Lagoa de Mera permanecerá pechado luns, martes e mércores

Debido á realización de obras de mellora da rede de saneamento en Mera, será preciso cortar o acceso de vehículos ao aparcadoiro da rúa Vinculeiros, no parque da Lagoa de Mera. Por este motivo o luns 25, o martes 26 e o mércores 27 o aparcadoiro permanecerá pechado.

O Concello reparte 30.000 kg de alimentos entre 376 familias en situación de vulnerabilidade

A primeira semana de novembro, o Concello de Oleiros procederá ao reparto de 30.000 kg de alimentos non perecedoiros procedentes da Unión Europea entre as 376 familias que neste momento se atopan en situación de emerxencia social no municipio. Para evitar estigmatizacións, todas as persoas son citadas en horarios concretos para que poidan recoller os alimentos que necesitan sen ter que agardar, nin facer colas.

O sábado inaugúrase a pista de patinaxe de velocidade do Concello de Oleiros

Este sábado día 23 de outubro, ás 12:00 horas, o Concello de Oleiros procederá a inaugurar a pista de patinaxe de velocidade construída nos terreos municipais de Bastiagueiro. Esta nova instalación deportiva municipal tivo un custo de 439.103,24 euros.

O domingo proxéctase nas Torres a película Plácido

A proxección de Plácido está programada para as 19:30 horas do vindeiro domingo día 24 de outubro, no teatro das Torres de Santa Cruz. A entrada terá un custo de 2,50 euros.

A comedia O premio chega este sábado ao Gabriel García Márquez de Mera

A Quintana Teatro presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra O premio. Victoria Teijeiro, Raquel Espada e Xurxo Cortázar forman o elenco desta obra de Santiago Cortegoso e que dirixe Marián Bañobre.

Curso de manexo de móbiles para persoas maiores de 60 anos en novembro

Está aberto o prazo de inscrición para un curso de manexo de móbiles de 30 horas dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros. A oferta deste obradoiro está enmarcada dentro do programa de "Alfabetización dixital" organizado desde a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade.

Os tres porquiños, contos e títeres con música para bebés, nenos e nenas de ata 6 anos

Este domingo, ás 12.00 horas na Fábrica, hai una contada para os máis pequeniños e pequeniñas, Os tres porquiños. Bea Campos fai esta sesión de contos con títeres, e cancións para bebés na que se integran a expresión dramática, os títeres e a tradición oral.

Os días 12 e 15 de novembro poderá renovarse o DNI na Casa Charry

Os día 12 e 15 de novembro un equipo de axentes do Corpo Nacional de Policía desprazarase ata a Casa Charry para proceder á realización dos trámites oportunos para a renovación do documento nacional de identidade.

O I Encontro Mocidade Voluntaria do sábado trasládase á polideportiva da II República, pola chuvia

Debido á previsión de chuvia, o I Encontro Mocidade Voluntaria previsto para este sábado día 16 vai trasladarase á polideportiva cuberta da avenida da II República, en Perillo.

O domingo proxéctase nas Torres a película Bienvenido, Míster Marshall

A proxección de Bienvenido, Míster Marshall está programada para as 19:30 horas do vindeiro domingo día 17 de outubro, no teatro das Torres de Santa Cruz. A entrada terá un custo de 2,50 euros.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza