Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

As persoas voluntarias coñecen presencialmente ás persoas ás que chaman por teléfono

O Concello de Oleiros, con motivo do Día Internacional do Voluntariado que se celebra este domingo, organizou un café coloquio na casa do pobo de Nós entre as persoas do voluntariado de Oleiros que participaron no "Proxecto Falamos" e as persoas que recibiron as chamadas durante a pandemia.

O Concello organiza campamentos para nenos e nenas durante o Nadal

Os nenos e nenas de entre 6 e 11 anos teñen a posibilidade de participar entre os días 27, 28, 29 e 30 de decembro no Campa Nadal, unha actividade que se desenvolverá en horario de 9:00 a 14:00 horas nos colexios Isidro Parga Pondal, e A Rabadeira.

O alcalde solicita a Costas a rexeneración da praia do Porto de Santa Cruz e o arranxo do Xunqueiro

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, mantivo unha reunión telemática esta mañá co subdirector xeral para a Protección do Mar, Ángel Muñoz Cubillo, para solicitar que desde o Ministerio se realice a rexeneración da praia do Porto de Santa Cruz que precisa dunha achega de area entre a pasarela de acceso ao castelo e o porto.

Javier Martín presenta o seu espectáculo de danza no Gabriel García Márquez de Mera

Javier Martín presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o espectáculo Figuras do Limiar.

A rúa Cascaxeira quedará cortada ao tráfico a partir de mañá

Debido ás obras de renovación da rede xeral de abastecemento de auga nas rúas Maside, Cascaxeira e Viravolta; será preciso cortar o tráfico na rúa Cascaxeira. Está previsto que este corte dure tres semanas, desde mañá mércores día 1 de decembro ata o día 23.

Silvia Salgado presenta o xoves nas Torres a súa obra Si te vuelves invierno

O teatro das Torres de Santa Cruz acolle mañá xoves día 2 de decembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro Si te vuelves invierno de Silvia Salgado. Ademais da propia autora, na presentación participará o escritor e profesor Francisco Javier Varela Vázquez e actuará o saxofonista Jaime Faraldo.

As casas da mocidade acollen numerosas actividades no mes de decembro

Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de decembro que se desenvolve nas casas da mocidade. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.

A noite do martes volverase abrir o cambio de sentido na N-VI, fronte ás naves do Ministerio

Atendendo á solicitude realizada polo alcalde de Oleiros, a Delegación do Goberno en Galicia comunicou que desde a noite de mañá martes estará permitido de novo o xiro fronte ás naves do Ministerio de Transporte, na N-VI en Perillo. Este xiro atopábase pechado polas obras do túnel de Sol y Mar e causaba importantes molestias aos veciños e veciñas de Beiramar e Agramar.

O alcalde traslada os problemas dos veciños e veciñas de Agramar e Beiramar aos responsables da obra de Sol y Mar

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e o concelleiro de Obras Públicas, Antonio Molinos, reuníronse esta mañá coa subdelegada do Goberno, María Rivas, e co xefe de Estradas do Estado, Ángel González, para comunicarlles os importantes problemas que están a sufrir os veciños e veciñas que viven nas proximidades da obra de Sol y Mar.

O Concello inviste os cartos da cea de nadal nun proxecto de cooperación coa illa da Palma

O Concello de Oleiros vai destinar os 10.000 euros previstos para a cea de nadal do persoal municipal a un proxecto de cooperación na zona máis afectada pola erupción volcánica da illa da Palma. O Goberno municipal está en contacto cos concellos máis danados polo volcán, na procura dun proxecto concreto no que investir eses cartos.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza