| Dende Outubro 2010O pleno municipal aprobou a ordenanza das condicións básicas de emisión e uso das tarxetas de estacionamento para persoas con discapacidade e mobilidade reducida. O obxectivo principal que se persegue é mellorar e axilizar o proceso de tramitación e evitar utilizacións fraudulentas. O programa Música na rúa regresa un ano máis ás localidades máis turísticas de Oleiros. O Concello segue a promover o lecer e o turismo, neste caso, a través da animación musical das terrazas dos establecementos hostaleiros situados en Santa Cristina, Santa Cruz e Mera. A Xunta elimina sen previo aviso a tarxeta moedeiro destinada a familias vulnerables dous días antesA Xunta de Galicia procedeu a eliminar dous días antes do previsto a Tarxeta Social Básica mediante a que se prestaba servizo de cobertura das necesidades básicas de alimentación e farmacia a familias en situación de vulnerabilidade económica. Sen previo aviso e de maneira unilateral a Xunta adoptou esta decisión sen informar os concellos, que son as entidades que tramitan estas tarxetas, nin as persoas receptoras da axuda. O extenso patrimonio medioambiental público do Concello de Oleiros vai incrementarse de maneira inmediata. Sandra Ortega, propietaria de 19.908 metros cadrados de solo urbano en Dorneda -entre a rúa do Mar e a rúa da Poza-, creará un gran parque público para uso e disfrute de toda a cidadanía, asumindo tamén o custo íntegro das obras. A Fábrica, en Perillo, será a sede da exposición colectiva dos obradoiros de pintura municipal. O acto de inauguración terá lugar o venres 1 de xullo ás 20:30 horas. Numerosos veciños e veciñas do municipio trasladaron ao Concello o seu malestar por ter que agardar á intemperie mentres esperan para ser atendidos nas urxencias do centro de saúde de Santa Cruz. Persoas maiores, nais con bebés lactantes, persoas con discapacidades... vense obrigadas a permanecer no exterior, soportando frío ou chuvia. Os misioneros Javier Campos Morales e Joaquín César Mora Salazar foron vítimas dun brutal asasinato o pasado luns 20 de xuño no templo da comunidade de Cerocahui en Chihuahua, na Cidade de México. O Concello de Oleiros condena estes feitos violentos, esixe xustiza e a recuperación dos corpos que foron substraídos do templo polas persoas armadas. Desde o 2 de xullo ata o 15 de setembro, o Concello de Oleiros ofertará rutas guiadas gratuítas polo Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes. As persoas interesadas en participar deberán reservar a súa praza chamando ao teléfono 981 618 154. Oleiros prepárase para unha gran noite de festa este xoves en todo o municipio. En total, hai solicitadas 567 autorizacións para realizar fogueiras nas zonas permitidas. Na praia de Bastiagueiro haberá música desde as 22:30 horas coa orquestra Fania Blanco Show. O Concello de Oleiros convoca a unha asemblea informativa a todos os veciños e veciñas da marxe esquerda da avenida das Mariñas dirección A Coruña ante o inicio das escavacións da obra do túnel de Sol y Mar nese lado da estrada. A reunión será mañá mércores 22 de xuño, ás 19:30 horas no auditorio da Fábrica. |