Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

O luns abre o prazo de preinscrición nas actividades de verán do Concello de Oleiros

O Concello de Oleiros oferta unha ampla variedade de actividades dirixidas a nenos, nenas e mocidade para os meses de verán. As persoas interesadas en participar poderán realizar as preiscricións a través da web municipal, accedendo á Sede Electrónica, entre os días 10 e 17 de maio.

A partir do mércores cotarase un carril da N-VI polas obras de renovación da rede de augas

A partir das 9:30 horas do próximo mércores 12 de maio o carril lento da N-VI dirección Madrid, desde a ponte da Pasaxe ata Rialeda, permanecerá cortado debido á realización das obras de renovación da rede de abastecemento de auga. O corte durará ata final de mes, cando será preciso continuar a obra pola outra man da estrada, cortando a partir dese momento o carril lento no outro sentido da circulación durante outro par de semanas.

O domingo proxéctase nas Torres a película Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde

A proxección de Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde está programada para as 20.00 horas do vindeiro domingo día 9 de maio, no auditorio das Torres de Santa Cruz. A entrada é gratuíta con invitación, que poderá recollerse desde unha hora antes do inicio do filme.

Numerosas actividades para conmemorar o centenario de Emilia Pardo Bazán

O Concello de Oleiros pretende resaltar a importancia desta insigne muller con motivo do centenario do seu pasamento con diversas iniciativas ao longo dos vindeiros días. A figura de Emilia Pardo Bazán é esencial para a nosa cultura. Foi unha intelectual cunha traxectoria literaria e académica importantísima e un referente esencial para o feminismo do noso país.

A Big Band da Escola Municipal actúa o sábado na praza Esther Pita

A Big Band da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros actúa este sábado 8 de maio, ás 12:30 horas, na praza Esther Pita. Será un concerto gratuíto e aberto a toda a cidadanía.

Oleiros apoia a campaña de cooperación internacional con Cuba

O Concello de Oleiros apoia a campaña internacional de cooperación con Cuba para poder conseguir xiringas coas que subministrar a súa vacina contra o covid-19. O criminal bloqueo perpetrado por Estados Unidos está a impedir que os países nos que se producen xiringas llelas vendan a Cuba, que malia liderar a cooperación sanitaria mundial nos peores momentos da pandemia enviando médicos a diversos países do mundo agora sofre a insolidariedade e a infamia do Goberno dos Estados Unidos.

Microteatro na Casa da Mocidade das Pedras

Este venres 7 de maio ás 20:00 horas na Casa da Mocidade das Pedras o grupo Melandrainas representa catro pequenas pezas teatrais que contan historias diversas. Esta é unha actividade gratuíta que forma parte do programa de lecer para a mocidade "Noctamboleiros".

Concerto infantil este domingo en Mera con Pakolas

O vindeiro domingo 9 de maio ás 12:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez terá lugar o concerto "Cores, Contos e Rock´n´Roll" con Ramona Órbita de Pakolas. Este espectáculo combina a música de Pakolas baseada en contos e historias mesturada coas cores e debuxos en directo de Laura Romero.

O Concello organiza rutas de sendeirismo por Oleiros para maiores de 60 anos

O Concello de Oleiros, dentro do programa de "Envellecemento Activo", oferta tres rutas de sendeirismo guiado para as persoas maiores de 60 anos. Son rutas socio-culturais que teñen como obxectivo coñecer máis a fondo a historia, a cultura, as paisaxes e os camiños de Oleiros.

Continúan durante o mes de maio os contacontos para nenos e nenas nas bibliotecas municipais

As bibliotecas municipais organizan ao longo de todo o ano numerosas actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas e nenos. Durante o mes de maio, as sete bibliotecas do Concello de Oleiros acollerán diversas sesións de contacontos para nenos e nenas maiores de 6 anos.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza