Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
Dende Outubro 2010

Alfaroleiros continúa ata o domingo con concertos, obradoiros, demostracións de cociña, xogos...

A XXVIII edición de Alfaroleiros finalizará este domingo. Ata entón, os 22 alfares participantes estarán vendendo as súas pezas en horario de 10:00 a 22:00 horas. Ademais, durante toda a fin de semana haberá numerosas actividades paralelas.

Esta fin de semana comeza o LI Trofeo Concello de Oleiros de fútbol

Obrero, Unión Campestre, Santa Cruz, Cristo Rey, Atlético San Pedro, Marino, Dorneda, Mercurio e Hércules disputarán desde esta fin de semana a LI edición do Trofeo Concello de Oleiros de fútbol. O Concello entregará 7.659 euros en premios entre todos os clubs participantes.

O luns comezan as obras de renovación da rede de auga nas rúas dos Xardíns, dos Niños e Romeu

O vindeiro luns día 8 de agosto comezarán as obras de renovación e mellora da rede xeral de abastecemento de auga das rúas dos Xardíns, dos Niños e Romeu. O Concello inviste 118.626,81 euros nesta actuación.

Concertos de Guadi Galego, gREAT sTRAITS e La Quinkillada esta fin de semana na praza Esther Pita

Dentro das numerosas actividades paralelas á XXVIII edición de Alfaroleiros, a praza Esther Pita acollerá os concertos de Guadi Galego –venres, ás 22:00 h-, gREAT sTRAITS –sábado, ás 22:00 h- e La Quinkillada –domingo, ás 21:30 h-. As actuacións son de acceso libre e gratuíto.

O Concello contratará outras 2 persoas para o Servizo de Salvamento e Socorrismo das praias

O Concello de Oleiros contratará dúas persoas para o Servizo de Salvamento e Socorrismo. En concreto, abriuse un proceso selectivo para cubrir dous postos de socorrista acuático/a.

Os mellores oleiros da península expoñen e venden as súas pezas ata o domingo no parque Luis Seoane

O parque Luís Seoane de Santa Cruz acolleu a inauguración da XXVIII edición de Alfaroleiros. O acto contou coa participación de decenas de persoas, así como da presenza do alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, do vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, do director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Manuel Heredia Pérez, do alcalde de Sada e de representantes de Abanca.

Juani Ruiz, cooperante sanitaria detida ilegalmente por Israel, visita o Concello de Oleiros

Juani Ruiz, cooperante española en Palestina e detida ilegalmente por Israel, foi recibida esta mañá na Casa do Concello polo alcalde, Ángel García Seoane. Ademais de agradecer o apoio prestado polo Goberno municipal de Oleiros pola campaña realizada na súa defensa, no encontro falouse sobre a experiencia que sufriu no cárcere israelí e a actual situación que se vive en Palestina.

Mañá inaugúrase a XXVIII edición de Alfaroleiros

O parque Luís Seoane de Santa Cruz acollerá o acto de inauguración da XXVIII edición de Alfaroleiros mañá mércores, ás 12:30 horas. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, presidirá o acto ao que tamén asistirán representantes da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia, alcaldes de varios municipios e representantes de Abanca.

O Concello continúa a súa campaña contra o machismo e a violencia de xénero nas festas

O Concello de Oleiros, en colaboración coas comisións de festas, está a traballar na prevención da violencia de xénero e outras violencias machistas durante as distintas actividades e actos festivos que se están a desenvolver no municipio.

Bus nocturno de regreso para a verbena do xoves das festas de Lorbé

Para facilitar unha mobilidade segura durante as festas de Lorbé, a noite do xoves día 4 haberá dous autobuses nocturnos que efectuarán a súa saída do bar A Escola ás 3:30 horas. Ese día, no que actúa a orquestra París de Noia, tamén se reforzarán os últimos servizos da liña que vai a Lorbé para facilitar a chegada de persoas á festa.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza