Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

Retómase o servizo ata Santa Cristina do bus urbano da Coruña 1-A

Igual que o pasado verán, a liña de bus urbano 1-A da Coruña vai estender o seu percorrido ata Santa Cristina desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro. As frecuencias oscilarán entre os 15 e os 20 minutos en ambos sentidos.

O martes comeza o servizo de salvamento e socorrismo nas praias de Oleiros

Un total de 43 persoas garantirán a seguridade nas praias do Concello de Oleiros. O servizo de salvamento e socorrismo estará en funcionamento desde o vindeiro martes 15 de xuño ata o día 15 de setembro.

A Big Band da Escola Municipal actúa o sábado no parque José Martí

A Big Band da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros actúa este sábado 12 de xuño, ás 20:00 horas, no parque José Martí.

O Concello organiza unha ruta de sendeirismo de Lariño a Muros

O vindeiro sábado 19 de xuño continúa o programa Andares por Galicia, A cultura da Natureza coa ruta de Lariño a Muros por Monte Louro e Lagoa de Xerfas. Este programa está destinado a promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

Aberto o prazo para solicitar permiso para facer fogueiras de San Xoán

O Concello de Oleiros abriu o prazo de solicitude de autorización para realizar fogueiras a noite de San Xoán. Debido á situación sanitaria non se permitirán laradas nas praias nin tampouco sobre o asfalto, nin en zonas verdes municipais.

Aceptadas as alegacións presentadas polo Concello de Oleiros aos estatutos da Mancomunidade

Na xuntanza de alcaldes celebrada no día de hoxe informouse que foron aceptadas as alegacións presentadas polo Concello de Oleiros aos estatutos da Mancomunidade. Desta maneira, os concellos de Bergondo, Betanzos, Sada, Oleiros, Carral, Cambre, Culleredo e Abegondo recibirán o documento definitivo de estatutos para aprobalo nos correspondentes plenos municipais nun prazo de dous meses.

A Orquestra de Cordas da Escola Municipal actúa o sábado no parque Romántico de Montrove

A Orquestra de Cordas da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros actúa este sábado 5 de xuño, ás 12:30 horas, no parque Romántico de Montrove.

Exhibición de baile moderno na Casa da Mocidade das Pedras

Este sábado 5 de xuño ás 20:00 horas na Casa da Mocidade das Pedras, un grupo da Escola Municipal de Danza do Concello de Oleiros realizará unha exhibición de baile moderno. Esta é unha actividade gratuíta que forma parte do programa de lecer para a mocidade "Noctamboleiros".

Obradoiro de xoiería no Museo Os Oleiros

O Museo Os Oleiros ten aberto o prazo de inscrición para un obradoiro no que as persoas que participen aprenderán a realizar pequenas pezas para confeccionar diferentes tipos de xoias e adornos como colares, pendentes, broches,...

Gabriel Tizón presenta o seu libro O importante non importa este venres, na Fábrica

O fotógrafo Gabriel Tizón presenta este venres día 4 de xuño, ás 20:30 horas no auditorio da Fábrica, a súa obra O importante non importa. Ademais do autor, o acto será presentado polo alcalde Ángel García Seoane e haberá unha actuación musical de Alberto Laso e Karlos Barral, compoñentes de Infusiones musicales.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza