Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

Curso de manexo de móbiles para persoas maiores de 60 anos en novembro

Está aberto o prazo de inscrición para un curso de manexo de móbiles de 30 horas dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros. A oferta deste obradoiro está enmarcada dentro do programa de "Alfabetización dixital" organizado desde a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade.

Os tres porquiños, contos e títeres con música para bebés, nenos e nenas de ata 6 anos

Este domingo, ás 12.00 horas na Fábrica, hai una contada para os máis pequeniños e pequeniñas, Os tres porquiños. Bea Campos fai esta sesión de contos con títeres, e cancións para bebés na que se integran a expresión dramática, os títeres e a tradición oral.

Os días 12 e 15 de novembro poderá renovarse o DNI na Casa Charry

Os día 12 e 15 de novembro un equipo de axentes do Corpo Nacional de Policía desprazarase ata a Casa Charry para proceder á realización dos trámites oportunos para a renovación do documento nacional de identidade.

O I Encontro Mocidade Voluntaria do sábado trasládase á polideportiva da II República, pola chuvia

Debido á previsión de chuvia, o I Encontro Mocidade Voluntaria previsto para este sábado día 16 vai trasladarase á polideportiva cuberta da avenida da II República, en Perillo.

O domingo proxéctase nas Torres a película Bienvenido, Míster Marshall

A proxección de Bienvenido, Míster Marshall está programada para as 19:30 horas do vindeiro domingo día 17 de outubro, no teatro das Torres de Santa Cruz. A entrada terá un custo de 2,50 euros.

As escolas municipais de música, danza e teatro dispoñen de prazas libres para novo alumnado

A Escola Municipal de Música conta con 30 prazas para Música e Movemento (nacidos entre os anos 2014 e 2017). Ademais, hai prazas para os instrumentos de clarinete, contrabaixo, frauta, guitarra eléctrica, percusión, piano, saxofón, trombón, trompa, viola, violín e violonchelo (nacidos de 2011 en adiante).

O Concello finalizará a recuperación da Finca Tenreiro cunha subvención da Deputación

O Concello de Oleiros vai recibir unha subvención da Deputación da Coruña de 300.000 euros que serán destinados á obra de finalización da recuperación do parque e do edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, para crear un albergue xuvenil. Esta actuación, de 457.400,84 euros, executarase en 2022.

A Xunta ten a 12 maiores en lista de agarda para o Centro de día das Galeras, con 21 prazas libres

Un total de 12 persoas maiores levan semanas -nalgún caso meses- en lista de espera para ocupar unha praza no Centro de Día das Galeras, que dispón neste momento de 21 prazas vacantes. Incomprensiblemente, e malia a urxente necesidade das familias, a admisión no centro está paralizada debido a que a Xunta non resolve un simple trámite administrativo.

O Concello programa un ciclo de proxeccións de películas senlleiras da historia do cine

Este outono o Concello de Oleiros programa un ciclo de cine con algunhas das películas clásicas máis célebres. É unha selección de obras coas que se pretende facer unha homenaxe a Luis García Berlanga e Fernando Fernán Gómez no centenario do seu nacemento, e a outros grandes directores como Manuel Gutiérrez Aragón, Fernando Trueba ou Alejandro Amenábar.

Pura, este sábado no Gabriel García Márquez de Mera

Os Náufragos Teatro presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra Pura. Denis Gómez, Rebeca Vecino, Sete Eiroa, Nicolás Gaude e Gustavo Del Río forman o elenco desta obra que dirixe Gustavo del Río.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza