Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

O Concello non ten competencias para actuar nos desprendementos do Xunqueiro

As leis do Estado establecen que os concellos non teñen competencias para poder actuar na costa. Polo tanto, é a administración central a que debe arranxar os desprendementos producidos na zona do Xunqueiro, en Mera.

Contacontos e obradoiro de restauración no Museo Os Oleiros

O Museo Os Oleiros ten aberto o prazo de inscrición para as actividades que ten previstas con motivo do Día Internacional dos Museos: Contacontos "A Historia do Museo Os Oleiros" e un obradoiro de conservación e restauración.

Ningún positivo no cribado realizado en Santa Cruz

A Consellería de Sanidade notificoulle ao Concello de Oleiros os resultados do cribado de covid realizado na localidade de Santa Cruz a pasada fin de semana. En total, participaron 1.979 persoas.

Inicio inminente das obras do Castelo, Salvador Allende e do novo parque infantil de Nós

Nos próximos días darán comezo diversas obras no municipio, que tal e como establece a lexislación non podían iniciarse malia estar contratadas ata a incorporación de remanentes. Os contratos quedaron asinados esta semana e en total suman 547.198,86 euros.

Os días 20, 21 e 22 celébrase a 1ª Feira do Automóbil de Perillo

Os vindeiros días 20, 21 e 22 de maio as empresas da automoción de Perillo organizan a 1ª Feira do Automóbil. Os disitntos concesionarios situados na N-VI ofrecen diversas ofertas e promocións especiais.

O SERGAS realizará un cribado de covid en Santa Cruz esta fin de semana

A Consellería de Sanidade notificoulle ao Concello de Oleiros que este sábado e domingo 15 e 16 de maio realizará un cribado de covid entre veciños e veciñas adscritos ao Centro de Saúde de Santa Cruz. Serán citados vía SMS polo SERGAS unhas 4.300 persoas de entre 20 e 49 anos.

O Concello e as entidades sociais de Oleiros solicitan a medalla Emilia Pardo Bazán para Esther Pita

O Concello de Oleiros e 28 entidades sociais, culturais e deportivas do municipio solicitaron á Xunta de Galicia a concesión da Medalla Emilia Pardo Bazán a título póstumo a Esther Pita, en recoñecemento ás numerosas accións relevantes que levou a cabo ao longo da súa vida en prol da igualdade entre mulleres e homes. Esther Pita Pita foi alcaldesa de Oleiros entre os anos 1996 e 2003 e concelleira municipal desde o ano 1979 ata o 2003.

O domingo pecha o prazo de inscrición para un curso de lingua de signos

O vindeiro domingo 16 de maio finaliza o prazo de inscrición no curso de iniciación á lingua de signos. Esta actividade desenvolverase na Casa da Mocidade das Pedras os días 21, 22, 28 e 29 de maio 16.00 ás 21.00 horas e está dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos.

As praias de Santa Cristina, Bastiagueiro, Mera, Espiñeiro e Naval terán bandeira azul este verán

Oleiros segue a ter areais dotados de numerosos servizos de calidade. Por iso, as praias de Santa Cristina, Bastiagueiro, Naval, Mera e Espiñeiro recibiron un ano máis a Bandeira Azul para este verán.

O Concello organiza unha visita teatralizada pola pegada de Emilia Pardo Bazán en Santa Cruz

Co fin de dar visibilidade á pegada de Emilia Pardo Bazán en Oleiros xorde esta actividade. Unha visita diferente na que se mestura a pintura, a narración, o teatro e a danza conectando dous puntos da localidade de Santa Cruz: o mural dedicado á escritora e o Castelo de Santa Cruz que foi residencia de verán da familia da escritora.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza