Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

O Concello apoia a concentración convocada para o luns no María Casares

A ANPA Os Pazos do IES María Casares vai realizar unha protesta ante as instalacións do centro para reclamar á Consellería de Educación máis especialistas en Pedagoxía Terapéutica debido á alta taxa de alumnado con necesidades especiais e con necesidades de apoio educativo. A concentración está convocada para o vindeiro luns día 17, ás 18:10 horas, ante as instalacións do instituto.

O alcalde solicita á ministra de Transición Ecolóxica a recuperación da area para a praia de Santa Cruz

O alcalde, Ángel García Seoane, xunto co concelleiro de Obras Públicas, Antonio Molinos, asistiu ao acto oficial de inicio das obras de dragado da ría da Pasaxe. Esta importante obra de 32,2 millóns permitirá a recuperación da ría para o baño e o marisqueo, ademais de incluír a construción do tramo de paseo marítimo actualmente inexistente entre Beiramar e O Graxal e dun novo parque público no Seixo.

Un tramo da rúa Maside quedará cortado ao tráfico a partir de mañá

Debido ás obras de renovación da rede de abastecemento de auga será preciso cortar o tráfico na rúa Maside, entre a rúa Pedregal e a rotonda da avenida Miguel Hernández, desde mañá ata o día 31 de xaneiro. Mentres dure esta situación, o tráfico desviarase pola avenida Miguel Hernández e pola rúa Pedregal.

O Concello solicitará á Xunta fondos europeos para o rego de San Pedro e o Monumento Natural

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, solicitou unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez Mejuto, para pedir que a Xunta de Galicia financie mediante os fondos procedentes da Unión Europea dúas importantes actuacións medioambientais no municipio.

Os Reis Magos chegan a Oleiros para percorrer todas as parroquias

Os Reis Magos percorrerán esta tarde todas as parroquias de Oleiros na cabalgata organizada polo Concello. A saída está prevista para as 16:30 horas da Casa do Concello, finalizando o percorrido sobre as 20:15 horas en Perillo, na avenida da II República.

Un desprendemento obriga a pechar a pasarela entre Santa Cruz e o Parque As Trece Rosas

Un desprendemento de terra obrigou a pechar o acceso á pasarela que vai desde o paseo marítimo de Santa Cruz ata o Parque As Trece Rosas. A chuvia provocou un desprendemento de terra que afectou á estabilidade da estrutura.

Os Reis Magos percorrerán todas as parroquias do municipio en autobús descapotable

Mañá mércores 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán todas as parroquias de Oleiros na cabalgata organizada polo Concello. A saída está prevista para as 16:30 horas da Casa do Concello, finalizando o percorrido sobre as 20:15 horas en Perillo, na avenida da II República.

Aberto o prazo de reserva de entrada para a película A galiña turuleca

Dentro da programación de actividades do Concello de Oleiros para este Nadal, mañá martes día 4 realizarase a proxección da película infantil A galiña turuleca, ás 18:30 horas, no auditorio Gabriel García Márquez de Mera. As persoas interesadas en asistir poden reservar a súa praza a través da web municipal.

Aberto o prazo de reserva de entrada para a película Dumbo

Dentro da programación de actividades do Concello de Oleiros para este Nadal, mañá luns día 3 realizarase a proxección da película infantil Dumbo, ás 18:30 horas, no auditorio da Fábrica. As persoas interesadas en asistir poden reservar a súa praza a través da web municipal.

O colexio da Rabadeira gana o Premio Concepción Arenal da Deputación polos seu proxecto Xogando en Igualdade

O CEIP Plurilingüe da Rabadeira de Oleiros foi distinguido co Premio Concepción Arenal da Deputación da Coruña destinado a proxectos educativos que fomenten a igualdade de xénero nos centros escolares. A iniciativa "Xogando en igualdade" desenvolvida polo colexio foi merecedora desta importante distinción a nivel provincial.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza