Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Visor de contido web

Visor de contido web

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O sábado celébrase o XXXI Tríatlon Concello de Oleiros coa participación de 100 deportistas

 Oleiros, 24 de maio de 2021-. O vindeiro sábado 29 de maio celébrase o XXXI Tríatlon Concello de Oleiros, no que se inscribiron 100 deportistas das categorías júnior, sub 23, absoluto, veterano 1, veterano 2 e veterano 3. A proba celebrarase en Mera e comezará ás 16:00 h.

Para todas as categorías a distancia será de 750 m de natación, 21 km de bicicleta e 5,5 km de carreira a pé. A natación terá a súa saída (ás 16:00 horas) na praia de Santa Ana, con chegada á praia de Mera. A meta estará situada no parque da Lagoa de Mera.
 
Para o desenvolvemento da proba, a estrada xeral de acceso a Mera (AC-173) permanecerá pechada entre as 16:00 e as 18:00 horas –aproximadamente- desde a intersección de Lourido ata o parque da Lagoa. Os vehículos que queiran dirixirse a Mera poderán facelo a través da vía Ártabra.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza