Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Web Content Display

Web Content Display

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Unha festa de alumnos de Inef causa graves estragos na casa municipal da praia de Bastiagueiro

Oleiros, 28 de abril de 2017-. A pasada noite unhas 400 persoas participaron nunha festa na casa municipal da praia de Bastiagueiro incumprindo gravemente as normas de préstamo estipuladas para a estes recintos públicos. Unha cantidade importante de lixo, cristais rotos ou pintadas son algunhas das nefastas consecuencias desta celebración.

A persoa que realizou a solicitude terá que asumir todos os custos de limpeza e reparación da casa e da finca e non poderá volver a recibir en préstamo ningunha das propiedades que o Concello de Oleiros cede gratuitamente aos veciños para realizar festas e xuntanzas. Ademais dos graves estragos, vendeuse alcohol, que tamén está prohibido.

“Teño un cabreo tremendo. Onte fixeron unha festa na casa municipal da praia de Bastiagueiro e é unha vergoña como quedou todo. Pasei eu por alí de noite cando me avisaron e había unhas 400 persoas, cando non se presta para máis de 50. Deixaron un montón de lixo, cristais rotos por toda a finca, pintadas, venderon alcohol -que tampouco está permitido-... É indignante! Podía calar, pero dáme igual que non me voten. Isto non se pode permitir, ningún político pode tolerar esta desfeita”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza