Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Visor de contido web

Visor de contido web

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Aberto o prazo para solicitar permiso para facer fogueiras de San Xoán

 Oleiros, 7 de xuño de 2021-. O Concello de Oleiros abriu o prazo de solicitude de autorización para realizar fogueiras a noite de San Xoán. Debido á situación sanitaria non se permitirán laradas nas praias nin tampouco sobre o asfalto, nin en zonas verdes municipais.

En todos os casos é imprescindible solicitar autorización no Concello. Si estará permitida a realización de laradas en fincas privadas e a utilización de grellas particulares ou aquelas que hai nos espazos públicos para asar sardiñas ou carne. Igual que outros anos, o Concello tamén permitirá a bares e restaurantes facer sardiñas dentro dos límites das súas respectivas terrazas. 
 
O último día para presentar as solicitudes no Rexistro do Concello de Oleiros será o 22 de xuño. Ademais de cubrir o documento deberá achegarse un plano de situación do lugar no que se vai realizar a fogueira e unha fotocopia do DNI da persoa responsable.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza