Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos
   
NOVAS

« Atrás

O Concello de Oleiros reclama a inmediata liberdade da cooperante Juana Ruiz, detida por Israel

 Oleiros, 29 de abril de 2021-. O alcalde, Ángel García Seoane, e todas as persoas que forman o Goberno municipal asinaron un manifesto para transmitir á opinión pública e ás institucións a grande preocupación pola situación de Dona Juana Ruiz Sánchez. Esta cidadá española residente en Palestina desde hai máis de 35 anos, que traballa como coordinadora de Proxectos na organización sanitaria palestina Health World Committees, foi arbitrariamente detida e encarcerada polo Estado Israelí sen que medie ningún cargo concreto co argumento de que debe ser interrogada.

A detención tivo lugar o martes 13 de abril, cando se presentaron en casa da familia de Juana, na localidade cisxordana de Beith Sahur, máis de 20 soldados israelís fortemente armados. Tras intimidar a Juana, ao seu esposo palestino e á súa sogra que vive no fogar familiar, levaron a Juana Ruiz Sánchez para interrogala. Trátase dun longuísimo interrogatorio que aínda se prolongou ata o luns 26 de abril por decisión do xuíz que leva o caso. 
 
Os responsables das detencións buscan demostrar algún tipo de delito vinculado co financiamento dos proxectos que realiza a Health Work Committees (HWC), a organización sanitaria na que traballa Juana, que realizou decenas de proxectos sanitarios e sociais. Son actividades como levar a prevención sanitaria ás aldeas de Cisxordania, vacinar as crianzas de Xerusalén Este, levar a saúde prenatal e natal ás mulleres de Cisxordania, realizar campañas de información e formación en innumerables cuestións relacionadas coa saúde, cos hábitos sanitarios ou coa prevención das enfermidades máis comúns na zona, atender gratuitamente ao 40% dos seus pacientes nas 14 clínicas que ten a HWC polo territorio baixo a Autoridade Palestina e outras actividades polo estilo que, dificilmente, poderían considerarse sospeitosas de constituír ningunha clase de delito. 
 
A pesar do seu carácter humanitario e sanitario, ou quizais precisamente por iso, a HWC está a ser atacada intermitentemente polo Estado de Israel nunha política de represión, desgaste e desmantelamento das organizacións da sociedade civil palestina. É imposible que os proxectos de cooperación financiados en España poidan ter ningún viso delituoso xa que a cooperación española, maioritariamente pública, obriga á realización das actividades previstas e á xustificación completa do financiamento dos diferentes proxectos que se levaron a cabo co noso apoio.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza