Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos
   

NOVAS

     

O pleno aproba unha moción en defensa da vida de Sultana Jaya

O Goberno municipal aprobou no pleno da corporación unha moción en defensa da vida de Sultana Jaya que xunto coa súa familia está sendo sometida a malos tratos físicos e psicolóxicos polas súas reivindicacións pacíficas a prol dea autodeterminación e independencia do pobo saharauí.

O Concello de Oleiros lamenta profundamente o falecemento de Ricardo Gómez

O fundador do Club de Leons de Oleiros, Ricardo Gómez Pico, traballou durante décadas axudando ás persoas máis desfavorecidas, colaborando tamén en diversos programas de cooperación desenvolvidos polo Concello. A súa perda deixará un grande baleiro no ámbito social do municipio e de toda a comarca da Coruña.

Oleiros apoia a campaña de cooperación internacional con Cuba

O Concello de Oleiros apoia a campaña internacional de cooperación con Cuba para poder conseguir xiringas coas que subministrar a súa vacina contra o covid-19. O criminal bloqueo perpetrado por Estados Unidos está a impedir que os países nos que se producen xiringas llelas vendan a Cuba, que malia liderar a cooperación sanitaria mundial nos peores momentos da pandemia enviando médicos a diversos países do mundo agora sofre a insolidariedade e a infamia do Goberno dos Estados Unidos.

O Concello de Oleiros reclama a inmediata liberdade da cooperante Juana Ruiz, detida por Israel

O alcalde, Ángel García Seoane, e todas as persoas que forman o Goberno municipal asinaron un manifesto para transmitir á opinión pública e ás institucións a grande preocupación pola situación de Dona Juana Ruiz Sánchez. Esta cidadá española residente en Palestina desde hai máis de 35 anos, que traballa como coordinadora de Proxectos na organización sanitaria palestina Health World Committees, foi arbitrariamente detida e encarcerada polo Estado Israelí sen que medie ningún cargo concreto co argumento de que debe ser interrogada.

Curso en liña do Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ten aberto ata o 22 de setembro o prazo de inscrición no curso en liña 'Localizando a Axenda 2030: O papel clave dos municipios na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible'. A actividade desenvolverase no mes de outubro, con matrícula de balde.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza