Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Cultura e Normalización Lingüística
   
NOVAS

« Atrás

O vindeiro domingo as familias do Apego poderán ver Aibo na Fábrica

O domingo 25 de abril ás 12.00 h terá lugar na Fábrica a obra Aibo. Este espectáculo está recomendado para maiores de 3 anos.

Aibo é a ópera prima da Compañía Eléctrica, unha peza teatral para público infantil e familiar con Iria Pinheiro e Areta Bolado (A Panadaría) en escena. Aibo significa compañeir@ en xaponés, esta é a palabra que mellor se axusta para definir unha fábula inspirada na Carrapuchiña Vermella. Trátase dunha visión diferente do conto popular que pretende dar unha ollada positiva sobre a nosa relación coa natureza e tamén sobre o trato que temos con outros seres diferentes a nós. Unha celebración da diversidade.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse desde o vindeiro luns 19 de abril ás 10.00 h a través do seguinte enlace: https://forms.gle/EYbEPviajmc8Xm4h8
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza