El PR-G 87, sendeiro de Pequeno Percorrido Galego, é un paseo pola natureza e a historia, unha ruta de sendeirismo que empeza na localidade de Mera e discorre polo Monumento Natural Costa de Dexo- Serantes. Estos sendeiros lévannos por paraxes de extraordinaria beleza, descubrindo acantilados, restos dos nosos devanceiros como faros e antigas baterías de costa, os milenarios castros como os de Subiña, Punta Roza ou Torrella, as igrexas de Dexo e Maianca...
O "Aula do Mar" a carón do faro de Mera, é o centro de recepción de visitantes do Monumento Natural, alí recibirás toda a información necesaria sobre esta ruta.
Para ver os detalles da ruta, pulse aquí.