As Galeras (Bastiagueiro, Liáns)
N 43º 20' 40"
W 8º 21' 06"
En Bastiagueiro, ideal para pasear, xogar ou facer deporte fronte ao mar. A través dunha senda pódese chegar ao paseo marítimo de Santa Cruz, sempre gozando dunhas inmellorables vistas ao mar.
No "Miradoiro do eco" nos sorprenderá un peculiar efecto sonoro.