Concello de Oleiros

Portal Web do Concello de Oleiros

Turismo » Guía Práctica » Sobre Oleiros » Situación Xeográfica

Situación xeográfica

Oleiros está situado no cuadrante noroeste de Galicia, no espazo xeográfico do Golfo Ártabro.
Limita polo norte co mar aberto, o Océano Atlántico; polo Sur cos concellos de Cambre e Culleredo; polo Leste co concello de Sada, e polo Oeste limita co concello da Coruña.
Pertence á comarca natural de As Mariñas.
É un concello pequeno en canto á súa extensión, a súa superficie é de 43,8 km2 pero cunha poboación en constante crecemento(33443 habitantes a Xaneiro 2009). A súa contorna o configura como un dos espazos turístico-residenciais de maior calidade en Galicia

 

O seu territorio está dividido en 9 parroquias:
Dexo, Nós, Iñás, Dorneda, Liáns, Perillo, Serantes, Oleiros e Maianca.
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza