Concello de Oleiros

Portal Web do Concello de Oleiros

Turismo » Guía Práctica » Sobre Oleiros » Identidade

Identidade

Da antiguidade oleirense dan idea os castros catalogados e a constancia de achados neolíticos de recipientes de barro que contiñan cinzas de falecidos, achados en lugares de enterramento comúns, “As Medoñas” e que pertencían á tribu máis antiga que se coñece en Galicia, os Ártabros.
Os romanos adquiriron de eles esas costumes trala súa invasión galaica e lles chamaron “Ollarius” de onde toma nome a localidade de “Oleiros”.
Ademáis Oleiros foi o lugar onde se desenvolveu unha importante actividade alfareira, de onde deriva o término que en galego denomínase “oleiros”(alfareiros).
Testimonios da nosa Historia son moitos dos elementos do noso patrimonio arquitectónico que se poden visitar: a igrexa románica de Santa María de Dexo, o Castelo de Sta.Cruz, o Museo Os Oleiros, Quinta Rialeda,.....
Pero Oleiros é coñecido pola súa riqueza paisaxística e pola cuidadosa conservación da súa contorna natural.
Toda a costa oleirense ofrece numerosas e preciosas praias e calas, de fina e dourada area, dotadas de servizos e paseos marítimos que facilitan o disfrute do visitante : Santa Cristina, Bastiagueiro, Mera, Espiñeiro, Canabal, Naval, ......son algunhas delas.
Ó longo de todo o municipio pódese disfrutar de fermosos e tranquilos miradoiros e parques : Parque José Martí en Santa Cristina, Parque de As Galeras en Bastiagueiro, Parque da Lagoa en Mera,.....En eles atopamos áreas de xogo infantil, monumentos, zonas para deporte e rincóns para o descanso e a evasión. Paseos marítimos e carrís bicis facilitan o disfrute.
Na zona norte cabe destacar o Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes, espectacular espacio protexido, declarado lugar de interese comunitario pola sua importancia ecolóxica. Alí atoparemos o Faro de Mera e o Aula do Mar, que é un centro de interpretación da natureza.
E non podemos esquecernos da súa exquisíta gastronomía, ó ser un municipio costeiro a súa cociña xira entorno ó mar e así podemos degustar magníficos pescados e mariscos frescos. Cabe salientar o famoso mexillón de Lorbé, producto estrela da festa gastronómica que se celebra durante o mes de agosto.
Oleiros tamén ofrece unha gran variedade de servizos, establecementos comerciais, hosteleiros, de ocio e diversión, que o configuran como un referente turístico de calidade.
Todo esto fai de Oleiros un lugar para descubrir e disfrutar.
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza