O concello conta con diversas edificacións relixiosas, as máis destacadas polo seu valor histórico-artístico son:
San Cosme de Maianca de estilo prerrománico realizada en granito, Sta. María de Dexo exemplo do románico rural galego do S. XII, Sta Eulalia de Liáns un dos escasos exemplos do barroco rural na comarca mariñá, rodeada do fermoso Bosque dos Veciños e a igrexa de San Pedro de Nós de estilo ecléctico na súa orixe feudo dos Templarios.