Fermosas praias, agreste natureza, paseos marítimos, rica gastronomía, xardíns románticos, monumentos singulares, parques de ocio e recreo, paisaxes e cantos máxicos...
Ven, invitámoste a descubrir e a gozar de Oleiros.
Situado nun ámbito paisaxístico privilexiado e a un paso da cidade da Coruña, Oleiros destaca como un dos mellores destinos turísticos da bisbarra.
Tan lonxe e tan preto, en coche, avión, tren... calquera transporte traerate a Oleiros... Boa viaxe!!
Gozar de Oleiros é tamén gozar comendo. A nosa gastronomía é un dos nosos pratos fortes: pescados, mariscos, carnes... Elixe e Bo proveito!!
Hoteis con marabillosas vistas, cámpings en plena natureza, hoteis con encanto... en Oleiros encontrarás aloxamento para todos os gustos, prezos e estilos. Ven e goza da túa estanza!!