Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » Temas
   

Temas

     

Sabemos que cada un dos nosos cidadáns ten unhas preocupacións e necesidades específicas. Para que atope do xeito máis doado posible aquilo que lle interesa nun determinado momento clasificamos os contidos deste portal segundo os temas sobre os que pode demandar información:

  • Benestar social. Mellorar a calidade de vida de todos os nosos veciños e veciñas pasa por garantir o seu acceso aos servizos sociais que se prestan desde o municipio. Coñece cales son, como funcionan e que requisitos existen para poder acceder a eles.
  • Deporte e saúde. En Oleiros tes ao teu dispor as instalacións e programas de actividades que precisas para facer deporte. Porque fomentar a práctica regular de actividade física e loitar contra o sedentarismo para reducir os problemas de saúde da cidadanía tamén é unha responsabilidade da administración local.
  • Cultura. Aquí atoparás toda a información que precisas sobre as infraestruturas e a programación cultural que Oleiros pon á túa disposición para que deseñes como queiras o teu tempo de lecer: teatro, danza, cine, música, festas, exposicións, obradoiros, conferencias...
  • Economía. Neste espazo web do portal municipal podes atopar información de interese sobre asuntos relacionados coa economía no municipio. Tamén podes acceder ao departamento da área económica do Concello para informarte sobre pagos e xestións. Así mesmo, podes contactar con este departamento e realizar algúns trámites en liña.
  • Educación. Sumándose ao esforzo que se realiza desde os centros educativos e as asociacións de pais e nais de alumnos, o Concello de Oleiros tamén inviste para conseguir un ensino de calidade que garanta o desenvolvemento das xeracións futuras.
  • Formación e emprego. Colaborar no desenvolvemento económico e na creación de emprego dentro do territorio é unha das prioridades do Concello de Oleiros. Aquí atoparás toda a información dispoñible sobre os programa, recursos e ferramentas que temos ao dispor de todos os axentes implicados nesta mesma finalidade.
  • Medio ambiente. O coidado dos espazos verdes, a xestión integral dos recursos ou a planificación da enerxía son só algunhas das moitas cousas que podemos facer para preservar e poñer en valor os nosos recursos naturais e paisaxísticos. Ti tamén nos podes axudar a mellorar a calidade do noso medio. Entra e saberás como.
  • Cooperación. O departamento de  Cooperación do Concello asume como responsabilidade canalizar todos os proxectos de cooperación que leva a cabo o Concello de Oleiros, tanto a nivel local como no eido internacional. Así  mesmo encárgase de supervisar a correcta execución destes proxectos e de evaluar o seu impacto social.
  • Seguridade cidadá. Son moitas as persoas que durante as 24 horas do día se encargan de vixiar e protexer a nosa seguridade e a dos nosos edificios e instalacións, de xestionar os riscos e emerxencias que se producen no municipio, da seguridade viaria e de outras moitas cousas que se cadra aínda non coñeces.
  • Transporte e mobilidade. Na procura dun Oleiros máis accesible e mellor comunicado defendemos un modelo de transporte público e sostible, isto é, que contribúa ao desenvolvemento económico do noso municipio pero sen comprometer a vertebración do territorio e a paisaxe.
  • Urbanismo. As nosas actuacións en materia de urbanismo buscan o equilibrio entre o desenvolvemento urbano e a conservación do chan. Deseñamos así un urbanismo sostible, capaz de responder ás demandas da poboación causando menor impacto posible sobre o medio e sen comprometer máis recursos económicos que os necesarios.
  • Vivenda. Fomentar a rehabilitación e a construción de vivenda protexida é clave para ofrecer as mellores oportunidades ás persoas que queren vivir en Oleiros. Atendemos as demandas da cidadanía sen descoidar a calidade e a accesibilidade das edificacións e procurando unha xestión máis transparente que evite un uso especulativo do chan.

 

   

Destacados

     

Plan Xeral

Sede electrónica

Plan Xeral

Contacta co alcalde

Predición marítima do S.M.E.

Contacta co alcalde

Programación cultural

Solicitude dunha casa para facer unha festa

Programación cultural

Taquilla electrónica

Venta directa de parcelas

Taquilla electrónica

Pagamento de recibos

Destacados - Banco de solo privado no SUD-11

Pagamento de recibos

Mapa escolar

Basticore 2016

Mapa escolar

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza