Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Transporte e mobilidade
Portada » Temas » Transporte e Mobilidade
   
NOVAS

« Atrás

Tráfico

Tráfico

O Departamento de Orde Pública tramita administrativamente os expedientes sancionadores por contravir a normativa de Seguridade Viaria, logo das denuncias formuladas pola Policía Local. En febreiro de 2008 entrou en vigor a Ordenanza de Mobilidade do Concello, que moderniza a normativa municipal anterior e pormenoriza as condutas que se consideran infracción para dotar de seguridade xurídica ao sistema.

Na actualidade, e dende a reforma operada na lexislación estatal de Tráfico que tivo entrada en vigor en maio de 2010, o procedemento sancionador de tráfico viuse modificado de xeito sensible, facilitando e simplificando a súa tramitación, tanto dende o punto de vista da administración coma do cidadán, incidindo na idea de que o infractor que teña claro que o que fixo non é correcto pague a multa de xeito rápido cunha importante reducción dun 50 %, e poña fin ao expediente. Por outro lado, facilitase o acceso ás alegacións que correspondan e aos recursos xudiciais procedentes para as persoas que entendan que a denuncia non fose correcta.

Se unha persoa que fose denunciada quere regularizar a súa situación e poñer fin ao expediente, pode pagar o importe da sanción:

  1. Na Facenda Local (avda. Ernesto Che Guevara núm. 12-baixo-Perillo, C.P. 15172 (Oleiros)
  2. Mediante ingreso na conta núm. 2091-0064-55-3110000174 de Caixa Galicia indicando os seguintes datos: núm. de expediente, data da denuncia, matrícula do vehículo, nome e DNI
  3. Mediante xiro postal dirixido á Facenda Local indicando os mesmos datos.

Se paga a multa no prazo de 20 días naturais o seu importe reducirase nun 50 %, e este pago implica a terminación do procedemento o día do pagamento sen necesidade de ditar resolución expresa, a renuncia a formular alegacións ou recurso de reposición, e a detracción de puntos ao día seguinte. Finalizado o procedemento co pagamento reducido queda aberta a vía contencioso-administrativa no prazo de dous meses a contar dende que este se realiza.

En caso de disconformidade coa denuncia, poderá presentar alegacións ou proposición de proba no prazo de 20 días naturais, o que implicará a perda do desconto do 50 %, citando o número de expediente.

Se non formula alegacións nin paga coa redución no prazo de 20 días naturais, a denuncia correctamente notificada surte efecto de acto resolutorio do procedemento. Isto supón que non se ditará resolución sancionadora e que se procederá á execución da sanción aos 30 días, quedando  aberta a vía contencioso-administrativa.

En todo caso cómpre lembrar que as medidas sancionadoras nesta materia o que tratan é de perseguir o respecto polas persoas usuarias das estradas fronte aos demais e eliminar as condutas susceptibles de producir accidentes de circulación.

CONSULTA AS INCIDENCIAS NO TRÁFICO EN OLEIROS EN TEMPO REAL

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza