Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Transporte e mobilidade
Portada » Temas » Transporte e Mobilidade
   
NOVAS

« Atrás

Transportes

Transportes

A concellería de Réxime Interior pretende conseguir que a población do Concello dispoña de medios de transporte público económicos e de calidade que faciliten os desprazamentos nas mellores condicións. Para iso, e froito de convenios de colaboración coa administración autonómica, no 2005 púxose en funcionamento unha liña de transporte en autobús municipal que conecta todas as zonas do Concello a nivel metropolitano, de norte a sur, dende Lorbé e ata O Burgo, cun transporte cunha axeitada frecuencia de paradas, moderno, seguro e económico. A Concellería defende tamén os intereses dos usuarios do resto de liñas de autobús que pasan polo termo municipal, demandando das administracións concesionarias e das empresas as melloras que sexan oportunas en función das suxestións que recibimos dos veciños e das veciñas. Na actualidade, e logo de rematar a vixencia do devandito convenio, en outubro de 2010 produciuse unha renovación onde as administracións participantes decidiron impulsar novamente o servizo mancomunado, que xa se atopa perfectamente implemententado.

Neste caso, no marco do novo convenio, nacen tamén dúas novas liñas de interese metropolitano que integran coa cidade e que supoñen unha notable melloría coa situación actual. Tratanse das denominadas Coruña-O Carballo-Oleiros e Coruña-Montrove-Oleiros, con 32 expedicións diarias de luns a venres. Todas estas liñas se benefician do programa tarifario integrado, que consiste en que mediante a utilización da tarxeta do transporte metropilitano o usuario dispón dun importante desconto xunto coa despenalización do transbordo, conseguindose que o prezo da viaxe pase dos 1,25 e no caso de pagamento en metálico a un custo bonificado de 0,72 € no caso do pagamento coa tarxeta metropolitana.

En definitiva, que despois de varios intentos de formalización de liñas de transporte público (atrás quedan os anos nos que o propio Concello impulsara unha liña de transporte gratuita para os usuarios e orzamentada exclusivamente pola administración municipal), dende o 2005 se conta cun servizo propio, cofinanciado entre a Xunta e o Concello de Oleiros, e que posibilita un conxunto importante de frecuencias que permiten que tanto os veciños de Oleiros poidan achegarse á metropole dunha forma económica, como que os residentes na Coruña poidan achegarse ás nosas praias ou desfrutar dos espazos públicos do Concello ou zonas de ocio en transporte público.

Esta Concellería tamén é a que ordena o sector do taxi no Concello, no tocante ás súas paradas e o control dos profesionais do sector, aglutinando as súas suxestións e as das persoas usuarias co fin de mellorar tamén este servizo. O Concello conta na actualidade con 30 licenzas de taxi. Tamén dende a Concellería se articulan segundo se producen ocasións para elo acordos cos operadores de transporte para eventos multitudinarios organizados polo Concello.

A xestión completa da temática do trasporte leva tamén a aglutinar nas competencias da Concellería o control das suxestións que os usuarios das liñas fan sobre do servizo metropolitano, de xeito que se articulan e trasladan despois aos operadores, e por outro lado se recollen as demandas veciñais sobre pedimentos de novas frecuencias ou modificacións sobre das existentes, ou sobre da ubicación das paradas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza