Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Seguridade cidadá
Portada » Temas » Seguridade Cidadá
   
NOVAS

« Atrás

OLEIROS PRESENTA UN INDICE DE VIOLENCIA DE XENERO MAIS BAIXO QUE OS CONCELLOS DO ENTORNO

 Esta foi a principal conclusión da reunión da Mesa de Coordinación Policial contra a Violencia de Xénero do Concello de Oleiros que tivo lugar o pasado mércores 16 de marzo.

 Nestas reunións, que se realizan con carácter periódico para facer un seguimento nesta materia, persoal de Servizos Sociais e da Policía Local de Oleiros xunto coa Guardia Civil e unha representante da Subdelegación do Goberno analizan a situación pola que atravesan as mulleres vítimas de violencia de xénero no término municipal, tanto a nivel global como de forma individualizada se así o require o caso.
 
Nesta reunión púdose constatar a existencia, a día de hoxe, dun número de órdenes de protección en vigor, porcentualmente respecto á poboación total, moi por debaixo da media dos concellos do entorno como se informou.
 
Dentro deste mesmo espazo de coordinación acordouse estudar a posibilidade de levar a cabo unha actividade formativa dirixida ao persoal de Servizos Sociais, Guardia Civil e Policía Local para mellorar as habilidades de comunicación deste persoal que traballa directamente coas mulleres vítimas de violencia.
 
Recentemente tres axentes da Policía Local de Oleiros realizaron unha formación en VIOGEN, unha aplicación informática utilizada por Policía Local e Guardia Civil para facer un seguimento das mulleres vítimas de violencia de xénero con ordes de protección.
 
Por outra banda, dende Servizos Sociais trasladouse ás forzas de seguridade a liña de traballo que se está a seguir en relación con esta materia, centrando os esforzos en reforzar emocionalmente as mulleres que se poidan atopar en situación de vulnerabilidade, tanto a través de atención individuais como grupais. Valorouse moi positivamente esta estratexia de intervención que ofrece unha atención continua ao longo de todo o ano.
 
Tamén acordouse convocar próximamente a Mesa de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero co obxectivo de analizar a situación e revisar o que se está a facer dende as distintos ámbitos: educativo, social, sanitario, policial, xudicial…que permita un maior coñecemento das actuacións que se están a levar a cabo.
 
EQUIPAMENTOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza