NOVASDesmárcate, programa de Educación para a Saúde e Prevención de Drogas e AlcoholDesmárcate, programa de prevención de drogas e alcohol É necesario seguir a traballar no camiño da prevención, educar en valores, hábitos e habilidades sociais e por suposto, intentar con estas... O Concello de Oleiros ofrece aos familiares coidadores de enfermos con dependencia talleres de formación nos que poden adquirir coñecementos sobre a enfermidade e como se debe actuar.O Concello de Oleiros, baixo o nome de "Convivir coa Demencia", programa para os días 23 e 30 de novembro dúas actividades encamiñadas a coñecer máis a fondo esta enfermidade. A demencia é unha patoloxía que afecta a varias funcións cerebrais en un grado tal que altera a capacidade para desempeñar tarefas que con anterioridade realizaba autonomamente (recordar, orientarse, conversar, manexo dos cartos, vestirse, camiñar...) e que ten un forte impacto nas familias. Por iso, o traballo cos familiares que conviven coas persoas con demencia é tanto ou mais importante que o que se presta directamente ao enfermo. As coidadoras e coidadores das persoas dependentes de Oleiros viaxan a Chantada a un encontroEste próximo venres 18 de novembro o grupo "Descubrindo emocións " e "Coidando emocións" do Concello de Oleiros, xunto ao grupo "Música e Saúde" da asociación AFACO de A Coruña se trasladan a Chantada onde serán acollidos polo grupo "Mellorando" da localidade lucense de Chantada. Este é o segundo encontro que fan para continuar o traballo iniciado no primeiro, celebrado en Oleiros no pasado mes de xuño. Oleiros considera clave o apoio ás familias para minimizar o impacto da demencia "Convivir coa demencia", Actividades de divulgación e formación dirixidas a familiares de enfermos con demencias |
|