NOVAS « Atrás Arranca "Camiños de Oleiros"
A elaboración das rutas está previsto, inicialmente, que se faga a través do coñecemento que teñen os maiores que participan na actividade de sendeirismo do programa Ven e Descubre, co apoio do Voluntariado de Oleiros. Non obstante, destacar que é un proxecto aberto á participación de todos aquelas persoas que queiran colaborar. A colaboración pode ser de moitas formas: aportando ideas de percorridos, historias ou nomes dos lugares caídos no desuso, fotografiando os lugares polos que se vai pasar, recollendo os tracks das rutas…, en definitiva un proxecto aberto e experimental, baseado na colaboración e na participación, cun obxectivo principal: desfrutar na súa elaboración. O resultado final está previsto que sexan distintas rutas, enriquecidas con todas as aportacións que se fagan e que poidan estar disponibles para todos os veciños e veciñas en distintos formatos, tanto na web como en papel. Tras esta primeira reunión, na que se explicará de forma mais detallada o proxecto, seguirán outras mais, xa de planificación e organización do traballo por equipos en función das persoas que participen. |
|