Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Medio ambiente
Portada » Temas » Medio Ambiente
   
NOVAS

« Atrás

Arranca "Camiños de Oleiros"

A elaboración das rutas está previsto, inicialmente, que se faga a través do coñecemento que teñen os maiores que participan na actividade de sendeirismo do programa Ven e Descubre, co apoio do Voluntariado de Oleiros. Non obstante, destacar que é un proxecto aberto á participación de todos aquelas persoas que queiran colaborar.
 
A colaboración pode ser de moitas formas: aportando ideas de percorridos, historias ou nomes dos lugares caídos no desuso, fotografiando os lugares polos que se vai pasar, recollendo os tracks das rutas…, en definitiva un proxecto aberto e experimental, baseado na colaboración e na participación, cun obxectivo principal: desfrutar na súa elaboración.
 
O resultado final está previsto que sexan distintas rutas, enriquecidas con todas as aportacións que se fagan e que poidan estar disponibles para todos os veciños e veciñas en distintos formatos, tanto na web como en papel.
 
Tras esta primeira reunión, na que se explicará de forma mais detallada o proxecto, seguirán outras mais, xa de planificación e organización do traballo por equipos en función das persoas que participen.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza