Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Medio ambiente
Portada » Temas » Medio Ambiente
   
NOVAS

« Atrás

PLANTACION DE ARBORES NA ESCOLA INFANTIL AS GALERAS

As árbores plantadas foron dous exemplares de liquidámbar, dun precioso color roxizo e con folla caduca, que darán sombra aos nenos da escola nos calurosos días de verán cando xoguen no parque.

Resultou unha actividade moi gratificante, tanto para os nenos e nenas das aulas de 2 a 3 anos da Escola Infantil As Galeras, como para os catro integrantes da brigada de xardinería.

Esta brigada, que desenvolve habitualmente a súa actividade no mantemento do parque da Pezoca en Oleiros, ten como obxectivo preparar para unha futura inserción sociolaboral a persoas con discapacidade ou outro tipo de problemática que teñen dificultades no acceso a un traballo.

Esta brigada, integrada no Gabinete de Inserción Sociolaboral do Consorcio As Mariñas e composta nestes momentos por tres homes e unha muller, está a ter uns excelentes resultados. Durante o ano pasado, dous deses rapaces, veciños de Oleiros, conseguiron un emprego normalizado grazas ás habilidades adquiridas nese espazo de formación práctico.

A colaboración a comunidade educativa da escola (familias, persoal e nenos) co persoal de Servizos Municipais, coa brigada de Inserción laboral e cos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Oleiros, traduciuse nunha bonita actividade educativa, integradora e ecolóxica.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza