Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Medio ambiente
Portada » Temas » Medio Ambiente
   

NOVAS

     

Excursionismo

Cando chega o bo tempo e os días duran máis o Concello de Oleiros programa excursións para que as persoas maiores visiten os lugares máis fermosos da nosa xeografía, algúns deles aínda descoñecidos, e gozen da natureza en boa compañía.

Xeración A Fábrica- Participa, opina, propón, móveo!

Tes de 14 a 30 anos? Forma parte do que acontece no teu Concello!

Arranca "Camiños de Oleiros"

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros inicia o proxecto Camiños de Oleiros, unha actividade dirixida a elaborar de forma participativa unha serie de rutas interpretativas por todo o territorio de Oleiros. Rutas con distintos grados de dificultade, nas que se recollan os puntos de maior interés, se recupere a toponimia dos lugares e as fermosas historias e lendas que hai en cada camiño, a flora e fauna característica que pode atopar… en definitiva, un catálogo de percorridos polo Concello de Oleiros no que o sendeirista poida desfrutar de todo o valor que nos ofrece cada paseo. Con este obxectivo convócase una primeira reunión o vindeiro mércores, 28 de xaneiro, ás 19.30 h, na Casa Charry en Oleiros. Para participar nesta xuntanza deberán apuntarse previamente no Departamento de Servizos Sociais a través do correo electrónico: voluntariado@oleiros.org ou no teléfono de atención ao veciño 981 610 000.

PLANTACION DE ARBORES NA ESCOLA INFANTIL AS GALERAS

Os nenos e nenas da Escola Infantil As Galeras, coa axuda dos rapaces que participan na Brigada de Inserción Sociolaboral, plantaron hoxe unhas árbores doadas por unha familia da escola.

Os maiores de Oleiros visitarán "Os paraísos cercanos".

Este próximo xoves, 3 de abril, ás 18:30 h, nas Torres de Santa Cruz, a concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros vai a presentar unha nova edición do programa de excursionismo e senderismo para maiores Ven e Descubre 2014. Este ano, baixo o título "Paraísos cercanos", descubrirán pequenas xoias da nosa xeografía, verdadeiras marabillas da natureza e da orografía galega. Sete rutas diferentes por lugares con encanto, especiais, de grande beleza e moi importantes polo seu valor histórico, cultural e natural

   

DESTACADOS

     
« Atrás

Os maiores de Oleiros visitarán "Os paraísos cercanos".

 

  Este programa conta cunha gran aceptación entre as persoas maiores de 60 anos de Oleiros, xa que ofrece a posibilidade de coñecer a fondo novos lugares, enriquecerse con novos coñecementos e establecer relacións con novos e vellos compañeiros.

 
As viaxes convértense nun lugar de intercambio de coñecementos, desexos, ideas e valores, así como un punto de partida de novas relacións e amizades.
 
Nesta presentación coñeceranse as rutas previstas, imaxes das viaxes do ano pasado e alguna actividade relacionada co programa deste ano na que participen os propios protagonistas.
 
 
As rutas vanse realizar en dous formatos diferentes:
 
  • Excursións en autobús,con pequenos itinerarios guiados
 
  • Rutas de sendeirismo guiado onde se introduce o grupo dunha maneira máis directa e activa có entorno, sen esquecer a importancia que ten o compoñente físico da actividade.
  
O Concello de Oleiros oferta dentro este programa un total de 2280 prazas dirixidas ás persoas maiores de 60 anos empadroadas en Oleiros.
 
En total serán 18 rutas de excursionismo e 12 de senderismo, que permitirán que todas as veciñas e veciños de Oleiros maiores de 60 anos coñezan estes Paraísos cercanos.
 
As persoas que lle interese coñecer mais a fondo o programa poderán recoller o folleto informativo o día da presentación e a partir do día seguinte en calquera das numerosas instalacións municipais. Tamén poden consultar a información a través da páxina web www.oleiros.orgno apartado da Concellería de Servizos Sociais.
 
RUTAS DE EXCURSIONISMO
DO MIÑO A PORTUGAL
Tui, Monçao, Monte Aloia
 
Visita histórica polo casco vello de Tui, descubrindo a catedral románica do século XII. Gozaremos da paisaxe do río Miño, fronteira natural con Portugal, onde nos trasladaremos para coñecer as súas vilas fronteirizas.
 
A HISTORIA DO MAR
Rías de Noia-Muros
 
Enclavadas no paraíso natural da ría que leva o seu nome, Muros (vila mariñeira) e Noia (vila medieval), unidas pola historia e o mar, agochan interesantes tesouros por descubrir.
 
A COSTA SALVAXE
Desde Vimianzo a Camariñas
 
O cabo Vilán, desde hai 80 anos, é testemuña da dureza dunha costa escarpada e de gran beleza que aínda se conserva salvaxe 
No Castelo de Vimianzo vivíronse desde a súa construción (a finais do século XII), numerosos feitos que escribiron máis dunha páxina da historia de Galicia. Xuntos nos mostrarán as orixes dunha comarca mariñeira e a vila de Camariñas que da nome a artesanía do encaixe.
 
 
 
RUTAS DE SENDEIRISMO
 
DESCUBRIR A COMARCA DAS MARIÑAS
Desde Oleiros a Cecebre 
 
Queremos descubrir aos nosos veciños. Nesta ruta a través de camiños novos trasladarémonos desde Oleiros a Cecebre
AS INSUAS DO MIÑO
Por terras de Rábade.
 
A Reserva de Biosfera Terras do Miño alberga unha das mellores representacións de ecosistemas naturais atlánticos, con grandes carballeiras e bosques de ribeira, e camiños que conservan aínda retazos da vida labrega.
AS CATEDRAIS DA MARIÑA LUCENSE
Desde Rinlo A Foz.
 
Descubriremos nesta ruta dúas catedrais, unha creada pola natureza e outra polo home. Polo sendeiro costeiro desde Rinlo a Foz que discorre pola beira do Cantábrico achegarémonos a escondida basílica de San Martiño,  unha das construcións altomedievais máis interesantes de Galicia, tanto que pola súa longa historia tende a ser identificada como a catedral máis antiga de España.
RUTA ATLÁNTICA ENTRE PÍAS E CACHOLAS.
Ruta polo monte Louro, Lira e Carnota
 
O monte Louro emerxe do mar e a súa silueta granítica avisa aos mariñeiros da presenza dos Leixóns e coa súa boina de nubes avisa da chegada da chuvia. Na nosa ruta rodearemos está mole granítica de 241 metros de altura ata a a lagoa de Xalfas e camiñaremos pola costa atlántica entre pías e cacholas no mar de Lira e Carnota.
 

Se desexa consultar prazos de inscricións e calendario das rutas, pode facélo descargando o programa nesta ligazón:

 

Paraísos cercanos

 

 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza