Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Medio ambiente
Portada » Temas » Medio Ambiente
   

NOVAS

     

Excursionismo

Cando chega o bo tempo e os días duran máis o Concello de Oleiros programa excursións para que as persoas maiores visiten os lugares máis fermosos da nosa xeografía, algúns deles aínda descoñecidos, e gozen da natureza en boa compañía.

Xeración A Fábrica- Participa, opina, propón, móveo!

Tes de 14 a 30 anos? Forma parte do que acontece no teu Concello!

Arranca "Camiños de Oleiros"

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros inicia o proxecto Camiños de Oleiros, unha actividade dirixida a elaborar de forma participativa unha serie de rutas interpretativas por todo o territorio de Oleiros. Rutas con distintos grados de dificultade, nas que se recollan os puntos de maior interés, se recupere a toponimia dos lugares e as fermosas historias e lendas que hai en cada camiño, a flora e fauna característica que pode atopar… en definitiva, un catálogo de percorridos polo Concello de Oleiros no que o sendeirista poida desfrutar de todo o valor que nos ofrece cada paseo. Con este obxectivo convócase una primeira reunión o vindeiro mércores, 28 de xaneiro, ás 19.30 h, na Casa Charry en Oleiros. Para participar nesta xuntanza deberán apuntarse previamente no Departamento de Servizos Sociais a través do correo electrónico: voluntariado@oleiros.org ou no teléfono de atención ao veciño 981 610 000.

PLANTACION DE ARBORES NA ESCOLA INFANTIL AS GALERAS

Os nenos e nenas da Escola Infantil As Galeras, coa axuda dos rapaces que participan na Brigada de Inserción Sociolaboral, plantaron hoxe unhas árbores doadas por unha familia da escola.

Os maiores de Oleiros visitarán "Os paraísos cercanos".

Este próximo xoves, 3 de abril, ás 18:30 h, nas Torres de Santa Cruz, a concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros vai a presentar unha nova edición do programa de excursionismo e senderismo para maiores Ven e Descubre 2014. Este ano, baixo o título "Paraísos cercanos", descubrirán pequenas xoias da nosa xeografía, verdadeiras marabillas da natureza e da orografía galega. Sete rutas diferentes por lugares con encanto, especiais, de grande beleza e moi importantes polo seu valor histórico, cultural e natural

   

DESTACADOS

     
« Atrás

O luns 26 de Marzo ábrese o prazo de inscrición das rutas de excursionismo para maiores, Galicia en Letras.

 

As inscricións só se recollerán por teléfono no número 981 610 000 en horario de 16:00 ás 20:00.
As persoas deberán comunicar o nome e apelidos, nº do DNI, data de nacemento e a parada de autobús onde recollerá o autobús.
As prazas son limitadas e outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.
  
Excursionismo
PERILLO, MONTROVE, OS REGOS,26,27,28,29 Marzo
IÑAS OLEIROS, 30 Marzo e 2,3,4 de Abril
STA CRUZ,9 ,10,11 de abril
DORNEDA, MAIANCA, 12,13,16 de Abril.
SERANTES, DEXO,LORBE, 17,18,19 de Abril
NOS,20, 23,24 de Abril
 
 Sendeirismo
Tódolos grupos  25,26,27,30 de Abril
 
As excursión teñen un prezo público que os participantes poderán abonar entre o 21 de Abril e o 18 de Xuño. Para facilitar a tramitación deste prezo, se lles facilitará as persoas participantes a información e a documentación necesaria para facer o pago no autobús na primeira ruta que fagan.
 
Nestas excursións só poderán participar as persoas que teñan cumpridos os 60 anos e se atopen empadroadas en Oleiros. No caso dos cónxuxes menores de 60 anos, poderán acudir a excursión, pero sempre que o fagan na compaña da súa parella.
 
 
O Concello de Oleiros aprobou un regulamento que pode consultarse nas oficinas de Servizos Sociais e na páxina web www.oleiros.org
 
As persoas interesadas poden recoller o folleto informativo de Galicia en Letras en calquera das Casas do Pobo que se atopan espalladas por Oleiros, nas bibliotecas municipais, na Casa do Concello, A Fábrica, Centro de Información Isaac Díaz Pardo ou ebn nas oficinas de Servizos Sociais.

 

Poden descargar o folleto neste enlace; folleto Galicia en Letras

E se desexan tamén poden descargar o regulamento

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza