Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Formación e emprego
Portada » Temas » Formación e Emprego
   
NOVAS

« Atrás

Gabinete de inserción socio-laboral

Gabinete de inserción socio-laboral

O Gabinete de Inserción socio-laboral é un dispositivo, compartido cos demais concellos que compoñen o Consorcio de As Mariñas, que ten como obxectivo principal achegar ao mercado laboral a aquelas persoas que presentan unha maior dificultade para obter e/ou manterse nun emprego.

Desde o Gabinete establécense distintos itinerarios de inserción socio-laboral caracterizados por prestar un apoio e acompañamento personalizados, flexibles e integrais. Ditos itinerarios inícianse coa valoración, por parte dos servizos sociais, dos posibles beneficiarios e beneficiarias deste dispositivo.

Por elo é imprescindible ter unha primeira cita co/a Traballador/a Social dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Oleiros, que será a persoa receptora da demanda e a que efectuará a primeira valoración e decidirá , en cada caso, a súa derivación ao Gabinete.

Os colectivos aos que está dirixido son, fundamentalmente:

  • Persoas con algún tipo de discapacidade: física, psíquica e/ou sensorial,
  • Persoas que padecen enfermidade mental,
  • Mulleres soas con cargas familiares,
  • Inmigrantes en situación regular e emigrantes retornados/as,
  • Extóxicomanos/as e exreclusos/as,
  • Minorías étnicas...

As principais accións que se desenvolven no marco do Gabinete son:

  • Talleres de motivación para a inserción social e laboral.
  • Talleres de busca activa de emprego.
  • Formación a medida en empresa ordinaria.
  • Brigadas móbiles.

A técnica de inserción do Consorcio acude aos servizos sociais de Oleiros todos os primeiros e terceiros mércores de cada mes para facer as valoracións dos usuarios e usuarias e iniciar con eles/as o seu itinerario personalizado de inserción laboral.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza