Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Formación e emprego
Portada » Temas » Formación e Emprego
   
NOVAS

« Atrás

Colaboración Alemaña e España a través da rede EURES

A petición de Alemaña inicouse a colaboración entre os Servizos Públicos de Emprego de España e de Alemaña, a través de EURES-Alemaña e EURES-España, para un proxecto de colaboración encamiñado ao reclutamento de persoal cualificado español para traballar nese país.

As áreas preferentes de reclutamento son: Sanidade, Enxeñería, Docencia e Turismo-Hostalaría. É necesario como mínimo un nivel intermedio de Alemán (B1/B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas).

As persoas interesadas en obter información poden dirixir un correo electrónico cos seus datos de contacto e as súas características (en español e alemán) á seguiente dirección de correo electrónico: grupo.eures.alemania@sepe.es indicando no asunto do email a referencia que corresponda ao seu ámbito profesional:

Sanidade: RFA. EURES Sanidade-Alemaña
Enxeñería: RFA. EURES Enxeñería-Alemaña
Docencia: RFA. EURES Docencia-Alemaña
Hostalaría e Turismo: RFA. EURES Turismo e Hostalaría-Alemaña

Non obstante, aquelas persoas pertencentes a outros ámbitos profesionais e con bos coñecementos de alemán poden escribir indicando no asunto: RFA. EURES outros-Alemaña.

Nunha primeira fase do proxecto elaborarase unha lista de persoas interesadas. Posteriormente contactarase con elas para a intermediación coas ofertas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza