NOVASPrograma de actuacións das escolas municipais de música e danzaO alumnado e o profesorado das Escolas municipais de Música e de Danza porán en escea durante os días 14 e 20 de decemebro no auditorio GGM de Mera, e o 21 de decembro no auditorio da Fábrica os seus respectivos espectáculos como mostra final deste primeiro trimestre. Proposta de concesión, denegación, e desestimación de axudas para asistencia a comedores escolares durante o curso escolar 2019/2020.Proposta de concesión, denegación ou desestimación de axudas para para asistencia aos comedores escolares durante o curso escolar 2019/2020. Campanadal 2019A Concellería de Ensino e Xuventude organiza campamentos escolares para as datas de 23, 24,26 e 27 de decembro en horario de 9 a 14 h. Estes campamentos terán as súas sedes nos CEIPs Isidro Parga Pondal, A Rabadeira e Valle-Inclán. O prazo para preinscrbirse será do 18 ao 22 de novembro. Prazas libres na Escola Municipal de TeatroNo Centro Municipal de Artes Escénicas, a Escola de Teatro ten prazas dispoñibles para o alumnado que desexe cursar os niveis de iniciación, básico, medio ou avanzado. Para a tramitación da preinscrición e + info podes diríxirte a: Centro Municipal de Artes Escénicas. Avda/ Valle- Inclán, 24. Perillo. Oleiros. Tfno 981 63 96 88. Programa de actividades educativas 2019/2020Preséntase á comunidade educadora de Oleiros o programa de actividades elaborado polo Servizo Municipal de Educación para o curso escolar 2019/2020. Para poder participar en cada unha das actividades que se propoñen, deberáse cubrir unha única ficha de solicitude de participación por centro escolar e remitila antes do 15 de novembro ao enderezo : ensino@oleiros.org. DESTACADOS « Atrás CONCEDIDOS 15.000 ¿ EN PRESTACIÓNS DE APOIO Á ESCOLARIZACION PARA O CURSO 2018/2019Estas axudas son unha das numerosas medidas pola inclusión social desenvoltas pola concellería de Servizos Sociais de Oleiros e os seus importes varían en función da etapa escolar na que se atopa cada menor. As cuantías para cada unha das etapas son as seguintes:
- 2º ciclo de educación infantil: 70 € - Educación primaria: 80 € - ESO ou ciclo formativo equivalente: 90 € - Bacharelato ou ciclo formativo equivalente: 110 €
O obxectivo destas prestacións, de pago único e con carácter finalista, é axudar ás familias nunha peor situación económica a cubrir os gastos extraordinarios que supón o inicio do curso escolar (material escolar, mochilas, diccionarios, libros…) Estas prestacións son compatibles coas axudas que poidan conceder outras administracións, que normalmente están dirixidas solo a libros e son insuficientes para cubrir todas as necesidades que se orixinan nunha familia con menores en edad escolar. LISTAXES PRESTACIÓN DE APOIO A ESCOLARIZACIÓN 2018/2019 |
|