Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Educación
Portada » Temas » Educación
   

NOVAS

     

Programa de apoio e reforzo escolar muncipal 2019-2020

O programa de apoio e reforzo escolar municipal abre a súa preinscrición do 1 ao 11 de outubro. O comezo das sesións nos centros socioculturais será a partir do 14 de outubro.

Curso para a obtención do título de graduado en ESO para adultos/as

Se desexas obter o título de graduado en ESO e tés 18 ou máis anos, podes preinscribirte no curso preparatorio para a proba de obtención do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

Intercambio cultural Banda de Música da EMMO e Banda de Aguilar de Campoo

Tras a visita cultural e concerto ofertado pola Banda de Música de Aguilar de Campoo (Palencia) no auditorio municipal GGM (Mera), toca devolver a visita durante os días 28, 29 e 30 de xuño a esa fermosa e histórica vila.

Resolución da Comisión de Escolarización

Consulta as listaxes do alumnado que se escolariza en Oleiros e noutros Concellos, según a Resolución da Comisión de Escolarización de Oleiros.

Actividades Verán 2019

Páxina coa información das actividades de verán 2019 do Concello de Oleiros.

   

DESTACADOS

     
« Atrás

CONCEDIDOS 15.000 ¿ EN PRESTACIÓNS DE APOIO Á ESCOLARIZACION PARA O CURSO 2018/2019

 Estas axudas son unha das numerosas medidas pola inclusión social desenvoltas pola concellería de Servizos Sociais de Oleiros e os seus importes varían en función da etapa escolar na que se atopa cada menor. As cuantías para cada unha das etapas son as seguintes:

 

-       2º ciclo de educación infantil: 70 €

-       Educación primaria: 80 €

-       ESO ou ciclo formativo equivalente: 90 €

-       Bacharelato ou ciclo formativo equivalente: 110 €

 

O obxectivo destas prestacións, de pago único e con carácter finalista, é axudar ás familias nunha peor situación económica a cubrir os gastos extraordinarios que supón o inicio do curso escolar (material escolar, mochilas, diccionarios, libros…) Estas prestacións son compatibles coas  axudas que poidan conceder outras administracións, que normalmente están dirixidas solo a libros e son insuficientes para cubrir todas as necesidades que se orixinan nunha familia con menores en edad escolar.

LISTAXES PRESTACIÓN DE APOIO A ESCOLARIZACIÓN 2018/2019

   

EQUIPAMENTOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza