Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Educación
Portada » Temas » Educación
   

NOVAS

     

OCIOLEIROS 2019

Preinscricións do 11 ao 20 de decembro, preferentemente na sede electrónica do Concello de Oleiros. En trámites online para cidadáns e empresas.

Concesión de axudas para asistencia a comedores escolares, curso 2018/19

De conformidade co previsto no artigo 6.e) das Bases específicas e convocatoria para a concesión de axudas para asistencia a comedores escolares para o curso 2018/2019, procédese a publicar o acordo adoptado por Decreto da alcaldía nº 5437/2018, de 20 de decembro relativo ás axudas concedidas e as denegadas.

Campanadal 2018

A Concellería de Ensino e Xuventude organiza para os días 26, 27 e 28 de decembro campamentos nos centros de ensino: Isidro Parga Pondal (Liáns), R.Mª del Valle- inclán (Perillo) e A Rabadeira (Oleiros) para os/as pequenos/as (nacidos/as entre 2012 e 2015) e os/as maiores (nacidos de 2006 a 2011).

BASES REGULADORAS DAS AXUDAS PARA ASISTENCIA A COMEDORES ESCOLARES CURSO 2018-2019

Publicación das Bases que regulan a concesión de axudas para mantenza en comedores escolares xestionados polas ANPAS de Centros Públicos de Ensino de Oleiros. A presentación de solicitudes REMATA O 7 DE NOVEMBRO DE 2018.

LISTAXE DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NO CURSO DE ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

 Consulta a túa admisión según o número de documento de identidade aquí

   

DESTACADOS

     
« Atrás

Actividades Verán 2018

 

ACTIVIDADES DE VERÁN 2018

PARA PERSOAS EMPADROADAS NO CONCELLO DE OLEIROS CALENDARIO DE INSCRICIÓNS 2018

 

  • Do 27 de abril ao 4 de maio: preinscrición
  • Do 8 ao 10 de maio: publicación de listas e reclamacións
  • O 11 de maio: sorteo público
  • 15 maio: publicación de listas definitivas
  • Do 18 ao 25 maio: pagamento e entrega de documentación
  • O 29 de maio: publicación de vacantes
  • A partir do 30 de maio: inscrición libre para prazas vacantes, presencialmente e por orde de chegada no Centro Cutural A Fábrica, ate un límite de 6 trámites por persoa e turno

A preinscrición poderá realizarse:

  1. Na web municipal www.oleiros.org, na sede electrónica (non é necesario estar rexistrado/a). Tramitación sen certificado
  2. Na conserxería do centro cultural A Fábrica (Perillo) de luns a venres de 8.00 a 15.00 horas

        As situacións de acollemento familiar, separación ou divorcio nas que os/as menores non consten como empadroados/as, deben ser comunicadas mediante correo electrónico durante o período de preinscrición. afabrica@oleiros.org

Documentación e accesos a preinscrición:

  1. Folleto de Actividades de Verán 2018: preme aquí 
  2. Páxina web de preinscrición: preme aqui . (Operativa do 27 de Abril ao 4 de Maio do 2017)

 

Publicación de listados:

  • Listados provisionais: preme aquí. (prazo de reclamacións do 8 ao 10 de maio) 
  • Relación de número de solicitudes por actividade: preme aquí.
  • Listados de preinscritos que van a sorteo: preme aquí.
  • Número do sorteo:

  • Listados definitivos de admitidos tras o sorteo: preme aqui. (a partir do  15 de maio)
    • Quen pretenda acollerse a algunha bonificación (Servizos Sociais, familia numerosa....) deberán acreditalo previamente á solicitude do pagamento na conserxería da Fábrica.

 

Prazas vacantes Actividades verán 2018

  

 Relación de prazas vacantes a 29/05/2018: preme aquí.

A partir do 30 de maio: inscrición libre para prazas vacantes, presencialmente e por orde de chegada no Centro Cultural A Fábrica.

 Relación de prazas vacantes a 30/05/2018 preme aquí.

 

 

 

   

EQUIPAMENTOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza