Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Educación
Portada » Temas » Educación
   

NOVAS

     

Actividades Verán 2017

Folleto coa información das actividades de verán 2017 do Concello de Oleiros.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UN OBRADOIRO DE CRECEMENTO PERSOAL A TRAVÉS DO AUDIOVISUAL

Dentro das actividades desenvoltas polo Concello de Oleiros a través do Plan de Igualdade desenvolveuse o ano pasado unha experiencia innovadora na que se traballaban as emocións a través do audivisual. Este obradoiro desenvolto a través desta novedosa metodoloxía acadou moi bos resultados e supuxo unha mellora no benestar emocional de todas as persoas participantes ademáis dunha actividade moi gratificante, Dado o éxito da actividade, baseándose nesta forma de traballo, abrese o prazo para un novo obradoiro denominado "OBXECTIVO EU", co obxectivo de traballar as fortalezas e as debilidades, ter un maior autocoñecemento e iniciar un proceso de mellora. O proceso creativo dun audiovisual da nosa imaxe sírvenos de ferramenta para acadar o obxectivo: a mellora de cada un das persoas participantes co fin de conseguir o maior benestar posible. Divídese en dúas fases: ¿ 1ª fase: "ENFOCAMOS" do 17 de marzo ao 30 de xuño. Centrada en recoñecer aqueles aspectos que quere acadar cada persoa, o que necesita. ¿ 2ª fase: "PONTE EN ESCENA" do 15 de setembro ao 22 de decembro. Co obxectivo de chegar a ter ou ser o que se visualiza na primeira fase. A actividade vaise desenvolver os venres, en horario de 10:30 a 13:00 horas, no Centro Municipal de Formación.

XII Festival de Bandas de Música do Concello de Oleiros

O domingo 23 de abril ás 18 horas dará comezo o XII Festival de Bandas do Concello de Oleiros no auditorio municipal Gabriel García Márquez (Mera). Nesta edición actuará como convidada a Banda de Música de Abegondo e como anfitriona a Banda de Música da Escola Municipal de Música de Oleiros.

Campaescolas primavera 2017

Podes inscribirte nos Campaescolas de primavera desde o 13 ao 22 de marzo, cubrindo as fichas adxuntas nas ligazóns correspondentes.

Ocioleiros 2017

Programa Ocioleiros 2017 Preinscrións a través da sede electrónica da páxina web do Concello. En Tramites online.

   

EQUIPAMENTOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza