Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Educación
Portada » Temas » Educación
   

NOVAS

     

Presentación de horarios para curso escolar 2017/18 na escola municipal de danza

O vindeiro 14 de SETEMBRO procederase á presentación do novo curso escolar e á elección dos horarios 2017-2018, na ESCOLA MUNICIPAL DE DANZA DE OLEIROS. ELECCIÓN DE HORARIO: MÚSICA E MOVEMENTO: - ALUMNOS/AS NACIDOS - ANO 2013: ás 16:00 horas - ANO 2012: ás 17:00 horas - ANO 2011: ás 18:00 horas - ANO 2010: ás 19:00 horas DANZA CLÁSICA: - 1º CLÁSICA ás 19:30 horas O resto de alumnado de Danza Clásica, Street Dance e Adultos, non terán elección de horarios por ser grupos únicos, con calquera dúbida poden chamar á Escola de 17.00h a 20.00h ou pasarse pola administración da mesma.

CHARLA ABERTA NA FABRICA SOBRE DISCIPLINA POSITIVA

O proxecto Oleiros Educa Bonito orienta ás familias con menores na crianza e educación dos seus fillos e fillas O próximo mércores 13 de setembro, ás 20.00 horas, no auditorio do Centro Cultural A Fábrica en Santa Cristina, terá lugar unha charla aberta sobre Disciplina Positiva. A Disciplina Positiva é unha metodoloxía que ten as súas orixes a principios do século XX pero non ata os anos 80 cando a Doutora en Educación Jane Nelsen a sistematizou, experimentou e contrastou os seus efectos positivos. Nestes últimos anos esta corrente está a acadar moita repercusión polo seu enfoque na crianza e educación dos fillos, xa que combina a firmeza coa amabilidade, axudando aos nenos e nenas a atopar solucións aos erros cometidos, fuxindo dos castigos e ensinando habilidades para a vida diaria. Axuda de forma moi eficaz aos menores a desenvolver as súas capacidades e a ser conscientes delas, consolidando comportamentos positivos que contribúen a formar fogares onde a comunicación é fluída e efectiva, ademais convertilos en espazos de crecemento. Esta charla está aberta a todas persoas interesadas e ademais de explicar mais polo miúdo en que consiste a Disciplina Positiva, con exemplos e mensaxes claras, presentarase o proxecto Oleiros Educa Bonito, un obradoiro de 8 sesións de 2 horas cada unha dirixido a familias con menores de 0 a 6 anos no que se poderán inscribir a partir do día seguinte. No momento actual, ser pai e/ou nai supón un desafío que, en moitos casos, pode chegar a desbordarnos. Todas e todos queremos facelo o mellor posible, pero moitas veces dubidamos sobre como actuar en cada situación que se presenta na vida familiar: se castigamos ou non, se establecemos límites ou hai que ser flexibles, se prohibimos determinados comportamentos ou somos máis permisivos..., con esta charla e o posterior obradoiro dende o Concello de Oleiros se quere contribuir a apoiar e axudar as familias nesta importante responsabilidade. A charla será impartida por María Soto Alvarez de Sotomayor, logopeda e entrenadora certificada por la Positive Discipline Association, con ampla experiencia no desenvolvemento deste tipo de talleres, fundadora do proxecto Educa Bonito.

94 FAMILIAS SE BENEFICIARIARÁN DOS 15.000€ DE AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2017/2018

Hoxe, 25 de agosto, publícanse as listaxes definitivas das prestacións de apoio á escolarización para o curso 2017/2018 do Concello de Oleiros. As listaxes estarán expostas no taboleiro de edictos do Concello e no Departamento de Servizos Sociais, poderán consultarse en persoa ou telefónicamente a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000. Na convocatoria deste ano presentáronse un total de 129 solicitudes para 225 menores, 103 nenas e 122 nenos. De todas as solicitudes presentadas foron concedidas finalmente a 94 familias, sendo un total de 86 nenos e 75 nenas os menores beneficiados por estas axudas por un importe total de 14.550 €. Todas as solicitudes que cumpriron os requisitos esixidos na convocatoria e presentaron a documentación necesaria para poder valoralas foron concedidas. Únicamente quedaron excluidas aquelas que non cumprían os criterios recollidos ou non presentaron algún documento esencial para a súa resolución. Aproximadamente na segunda semana de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar, as familias beneficiadas recibirán a axuda en efectivo tras a correspondente tramitación administrativa. Estas axudas son unha das numerosas medidas pola inclusión social desenvoltas pola Concellería de Servizos Sociais de Oleiros e os seus importes varían en función da etapa escolar na que se atopa cada menor. Tras o incremento deste ano as cuantías para o curso 2017/2018 quedaron da seguinte forma: - 2º ciclo de educación infantil: 70 € - Educación primaria: 80 € - ESO ou ciclo formativo equivalente: 90 € - Bacharelato ou ciclo formativo equivalente: 110 € O obxectivo destas prestacións, de pago único e con carácter finalista, é axudar ás familias nunha peor situación económica a cubrir os gastos extraordinarios que supón o inicio do curso escolar (material escolar, mochilas, diccionarios, libros…) Estas prestacións son compatibles coas axudas que poidan conceder outras administracións, que normalmente están dirixidas solo a libros e son insuficientes para cubrir todas as necesidades que se orixinan nunha familia con menores en eda

Actividades Verán 2017

Folleto coa información das actividades de verán 2017 do Concello de Oleiros.

Comisión de Escolarización Oleiros

Celebrada a Comisión de Escolarización o 2 de xuño de 2017.

   

EQUIPAMENTOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza