Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Educación
Portada » Temas » Educación
   

NOVAS

     

Programa de apoio e reforzo escolar municipal 2017/2018

Preinscríbete no programa de apoio e reforzo escolar na localidade que elixas , cubrindo e entregando a ficha na Concellería de Ensino e Xuventude, para o curso escolar 2017/2018.

Presentación ás familias dos horarios de clase da Escola de Música

Consulta as datas de presentación de horarios para o curso escolar 2017/2018 da Escola Municipal de Música.

Programa de actividades de ensino e xuventude 2017/2018

Infórmate dos programas e actividades que para o curso escolar 2017/2018 se ofertan aos centros escolares públicos de Oleiros.

Presentación de horarios para curso escolar 2017/18 na escola municipal de danza

O vindeiro 14 de SETEMBRO procederase á presentación do novo curso escolar e á elección dos horarios 2017-2018, na ESCOLA MUNICIPAL DE DANZA DE OLEIROS. ELECCIÓN DE HORARIO: MÚSICA E MOVEMENTO: - ALUMNOS/AS NACIDOS - ANO 2013: ás 16:00 horas - ANO 2012: ás 17:00 horas - ANO 2011: ás 18:00 horas - ANO 2010: ás 19:00 horas DANZA CLÁSICA: - 1º CLÁSICA ás 19:30 horas O resto de alumnado de Danza Clásica, Street Dance e Adultos, non terán elección de horarios por ser grupos únicos, con calquera dúbida poden chamar á Escola de 17.00h a 20.00h ou pasarse pola administración da mesma.

CHARLA ABERTA NA FABRICA SOBRE DISCIPLINA POSITIVA

O proxecto Oleiros Educa Bonito orienta ás familias con menores na crianza e educación dos seus fillos e fillas O próximo mércores 13 de setembro, ás 20.00 horas, no auditorio do Centro Cultural A Fábrica en Santa Cristina, terá lugar unha charla aberta sobre Disciplina Positiva. A Disciplina Positiva é unha metodoloxía que ten as súas orixes a principios do século XX pero non ata os anos 80 cando a Doutora en Educación Jane Nelsen a sistematizou, experimentou e contrastou os seus efectos positivos. Nestes últimos anos esta corrente está a acadar moita repercusión polo seu enfoque na crianza e educación dos fillos, xa que combina a firmeza coa amabilidade, axudando aos nenos e nenas a atopar solucións aos erros cometidos, fuxindo dos castigos e ensinando habilidades para a vida diaria. Axuda de forma moi eficaz aos menores a desenvolver as súas capacidades e a ser conscientes delas, consolidando comportamentos positivos que contribúen a formar fogares onde a comunicación é fluída e efectiva, ademais convertilos en espazos de crecemento. Esta charla está aberta a todas persoas interesadas e ademais de explicar mais polo miúdo en que consiste a Disciplina Positiva, con exemplos e mensaxes claras, presentarase o proxecto Oleiros Educa Bonito, un obradoiro de 8 sesións de 2 horas cada unha dirixido a familias con menores de 0 a 6 anos no que se poderán inscribir a partir do día seguinte. No momento actual, ser pai e/ou nai supón un desafío que, en moitos casos, pode chegar a desbordarnos. Todas e todos queremos facelo o mellor posible, pero moitas veces dubidamos sobre como actuar en cada situación que se presenta na vida familiar: se castigamos ou non, se establecemos límites ou hai que ser flexibles, se prohibimos determinados comportamentos ou somos máis permisivos..., con esta charla e o posterior obradoiro dende o Concello de Oleiros se quere contribuir a apoiar e axudar as familias nesta importante responsabilidade. A charla será impartida por María Soto Alvarez de Sotomayor, logopeda e entrenadora certificada por la Positive Discipline Association, con ampla experiencia no desenvolvemento deste tipo de talleres, fundadora do proxecto Educa Bonito.

   

EQUIPAMENTOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza