Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Educación
Portada » Temas » Educación
   

NOVAS

     

Inscríbete na Escola Municipal de Teatro para a matrícula do curso 2018/2019

A Escola Municipal de Teatro do Concello de Oleiros estase a preparar para o vindeiro curso escolar 2018-2019, abrindo novas liñas de traballo para que os nosos fillos e fillas poidan formarse nunha nova disciplina artística. Téñense previsto ofertar un total de 260 prazas, repartidas en diferentes niveis de preparación. É un pracer informarvos da apertura desta nova escola e achegarvos as datas para a solicitude da nova matrícula, co fin de facilitarvos o procedemento a seguir. Todos os trámites realizaranse na secretaría do Centro de Artes Escénicas en horario de 17 a 20 horas de lúns a venres, onde se conxugan as disciplinas artísticas de Danza e Teatro. Está situada na avda. Valle- Inclán, 24, Perillo, e con teléfono de contacto: 981 639 688.

Resultado do sorteo de letra para adxudicar prazas nas Escolas de Música e Danza

En data de 27 de abril de 2018 realizáronse os sorteos da letra para a adxudicación de prazas para o curso 2018-2019, sendo os resultados seguintes: - Escola de Música: letra R. - Escola de Danza: letra U.

Ábrese o prazo de preinscricións de matrícula para a Escola Municipal de Danza

Ábrese o prazo de preinscrición do 18 ao 25 de abril para as prazas libres que se ofertan na Escola de Danza: - Música e Movemento 79 - Danza clásica: 62 - Danzas urbanas: 27 - Danza adultos/as: 6

Oferta de prazas de especialidades instrumentais na Escola de Música

A Escola municipal de Música "A Fábrica" oferta ata 35 novas prazas para o alumnmado que desexe matricularse para o curso escolar 2018/2019 nas seguintes especialidades: - Canto moderno, batería , baixo eléctrico e guitarra eléctrica. - Viola, violín, violonchelo e contrabaixo. - Tuba, bombardino, trombón, trompa e trompeta. - Clarinete e óboe. - Canto e gaita. Esta listaxe de prazas vacantes é provisional. As prazas definitivas serán publicadas o 16 de abril, despois da elección de instrumento dos alumnos de MM que elixen especialidade instrumental.

XIII Festival de Bandas de Música Concello de Oleiros

O domingo 8 de abril realizarase o XIII Festival de Bandas de Música Concello de Oleiros, ás 19,30 h no auditorio municipal Gabriel García Márquez. Na presente edición, contarase como banda convidada a Banda de Música do Centre Cultural e Instructiu de Puçol (Valencia).

   

EQUIPAMENTOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza