Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Educación
Portada » Temas » Educación » Publicacións
   

PUBLICACIÓNS

     
« Atrás

ACTIVIDADES DE VERÁN 2012 (PDF - 7,807.1 KB)

ACTIVIDADES DE VERÁN 2012 (PDF - 7,807.1 KB)

Minicampamentos, Campamentos, Excursións, Hortas e "Algo guapo" para os nenos e nenas de 3 a 14 anos.

As mulleres da miña vila 2014 (PDF - 2,899.8 KB)

As mulleres da miña vila 2014 (PDF - 2,899.8 KB)

Dentro do programa da ESCOLACOeducativa, e con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, organizamos o concurso ¿As mulleres da miña vila¿ dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO. Con esta iniciativa educativa quixemos reforzar todo o traballo realizado na aula en favor da promoción de valores positivos e igualitarios, e convidar ao alumnado a reflexionar sobre as desigualdades de xénero que a día de hoxe seguen dividindo ao mundo en dúas metades, onde as mulleres, en moitos casos, se atopan en inferioridade de condicións. A presente publicación recolle os 25 mellores traballos presentados nesta I edición.

Convivir coa Demencia (PDF - 614.3 KB)

Convivir coa Demencia (PDF - 614.3 KB)

Relación de diferentes materias bibliográficos e audiovisuais, (libros,contos,películas,manuais de apoio, enlaces web...) que abarcan desde diferentes puntos de vista esta enfermidade e o impacto no entorno familiar. Son materiais que poden axudar ao familiar a coñecer mellor a enfermidade como actuar, pero tamén sensibilizar a todas aquelas persoas que non están afectadas directamente. Moitas destas publicacións pódense consultar nas bibliotecas municipais.

Información admisión alumnado 4º de Educación infantil (DOC - 172.0 KB)

Información admisión alumnado 4º de Educación infantil (DOC - 172.0 KB)

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE MATRÍCULA CURSO 2012-2013 NORMATIVA REGULADORA E ENLACES DE INTERESE ¿ Decreto 30/2007 (DOG 16/03/07). ¿ Orde do 17 marzo de 2007 (DOG 19/03/07). ¿ Estas normas, xunto cos modelos oficiais de solicitude de admisión, pódense atopar no portal da Consellería de Educación , na seguinte ruta : www.edu.xunta.esàfamiliasàxestión do alumnadoàescolarizaciónàprocedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de inf., ed. Primaria, Ed. secundaria e bacharelato. ¿ Páxina electrónica do Concello de Oleiros : www.oleiros.orgàConcellería de Ensino e Xuventudeàensinoà Publicacións (mapa escolar, fichas dos centros educativos do concello...). DESCRICIÓN BÁSICA FASE 1 Alumnado de novo ingreso Do 1 de marzo ao 10 de abril Entrega de solicitudes de admisión en modelo oficial (as tres follas do Anexo II dispoñible en cada centro ou na páxina da Consellería de Educación), xunto coa documentación acreditativa da idade (fotocopia do libro de familia, DNI, pasaporte, ou certificado de nacemento) e certificado do centro de orixe para as solicitudes de praza en Ed. Primaria. FASE 2 Se no centro solicitado hai mais demanda que oferta de prazas vacantes... Do 1 ao 20 abril Presentación no colexio da documentación complementaria para a baremación das solicitudes non admitidas directamente. Antes do 30 abril Listaxe provisional de admitidos. 5 días hábiles Presentación das reclamacións. 5 días hábiles Resolución das reclamacións presentadas Publicación da listaxe definitiva de admitidos no Centro. FASE 3 Formalización matrícula Do 20 ao 30 xuño Formalización da matrícula. Cando sexan admitidos se lles solicitará a documentación precisa para o centro escolar. INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA ¿ NON se terá en conta a solicitude cando : ¿ cando se presente mais dunha solicitude para unhas mesmas ensinanzas no mesmo centro ou en centros diferentes. ¿ Cando se comprobe falsidade ou uso fraudulento da documentación achegada. ¿ A solicitude será presentada no centro que se solicita en primeiro lugar. ¿ Recoméndase a visita persoal ao centro que se solicite onde se informará da organización do mesmo, centros adscritos, proxecto educativo, horarios e prazos específicos, prazas dispoñibles por niveis, servizos complementarios... ¿ Na páxina electrónica do Concello de Oleiros, no apartado dedicado ao Ensino atópanse os enderezos e teléfonos dos centros escolares de Oleiros. ¿ No suposto de tratarse a solicitude de matrícula do alumnado con necesidades educativas especiais deberá facerse constar na solicitude e xustificarse documentalmente. ¿ Os nenos e nenas que se escolarizan no primeiro nivel de Ed. Infantil serán os nacidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2009. CRITERIOS XERAIS DE PRIORIDADE PARA A ADMISIÓN ¿ Existencia de irmáns matriculados no centro, ou pais, nais, titores legais que traballen neste. ¿ Proximidade do domicilio familiar ou do lugar de traballo do pai, nai ou titor legal. ¿ Rendas anuais da unidade familiar. ¿ Concorrencia da discapacidade no alumno/a, ou no seu pai, nai titor legal ou nalgún irmán. ¿ A condición de familia numerosa. ¿ Para bacharelato terase en conta o expediente académico do alumno/a. DATOS COLEXIOS ¿ C.E.I.P. Isidro Parga Pondal (Sta. Cruz), tfno. 981614976, correo: ceip.isidro.parga@edu.xunta.es. Centro adscrito ao IES María Casares (Bastiagueiro) ¿ C.E.I.P. Luís Seoane (Maianca), tfno. 981617130, correo : ceip.luis.seoane@edu.xunta.es. Centro adscrito ao IES María Casares (Bastiagueiro). ¿ C.E.I.P. A Rabadeira (Oleiros), tfno. 981610023, correo : ceip.rabadeira@edu.xunta.es. Centro adscrito ao IES Miraflores (Oleiros). ¿ C.E.I.P. R. Mª. del Valle Inclán (Perillo), tfno. 981636754, correo: ceip.valle.inclan.oleiros@edu.xunta.es. Centro adscrito ao IES Neira Vilas (Perillo). ¿ Colegio privado concertado Plurilingüe Hijas de Cristo Rey (Oleiros), tfno. 981610050, correo: manolocampos@hcrey.org

PRAZOS MATRÍCULA ESCOLAS MÚSICA E DANZA (PDF - 1,065.1 KB)

PRAZOS MATRÍCULA ESCOLAS MÚSICA E DANZA (PDF - 1,065.1 KB)

Cartel informativo dos prazos para a matriculación nas Escolas municipais de M´suica e de Danza

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza