Concello de Oleiros

Portada » Temas » Educación

NOVAS

Mais seguridade para os maiores de Oleiros

Dentro das actividades do Programa de "Envellecemento activo" da Concellería de Servizos Sociais, as persoas maiores do Concello de Oleiros participarán no "Plan Mayor Seguridad" do Ministerio do Interior. O dito plan consiste nunha serie de charlas informativas, impartidas por especialistas da materia da Guardia Civil, para que os nosos maiores adopten medidas de protección na vida diaria que reforcen a súa seguridade.

Programa dos concertos das Prebandas e da Banda da Escola Municipal de Música

Programa de obras a interpretar polas agrupacions Prebandas e a Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros os días 17 e 21 de decembro, ás 21,30h no auditorio GGM. Mera.

Actividades Semana Grande de actuacións das Escolas de Música e de Danza

Actaucións públicas do alunado das Escolas municipais artísticas

Contos do Mundo

Actividade multicultural dirixida a promover valores como o respeto, a solidariedade e a equidade de xénero. Data: 1 de decembro Hora: 18:00 h Lugar: Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, urbanización Dos Regos Dirixida a: nenos e nenas de 5 a 8 anos residentes no Concello de Oleiros. Límite de participantes: 40 prazas É imprescindible para poder participar que se inscriban previamente no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Oleiros, en persoa ou ben a través do teléfono 981 610 000, extensión 3118.

III Concurso de Fotografía "Consorcio As Mariñas"

O Consorcio As Mariñas convoca o "III Concurso de Fotografía polos Dereitos Humanos". Esta iniciativa pretende potenciar a creatividade, así como por en valor distintas actitudes no noso...

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza