Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Deporte e saúde
Portada » Temas » Deporte e Saúde
   
NOVAS

« Atrás

Actividades deportivas de Verán

Folleto informativoPreme aquí.

Kaiak en Santa Cruz 

Descrición:

Orientada fundamentalmente ao aspecto recreativo, a través das actividades no kaiak de mar. A súa distribución será en cursos intensivos de 5 sesións cada un (10 horas). En cada curso ofertaranse 12 prazas. (Obrigatorio saber nadar) 

Medidas preventivas COVID-19:

Realizarase a desinfección do material, que será de uso individual. Non se utilizaran os vestiarios polo que recomendamos chegar a actividade xa preparados/as para comezar. Recomendamos levar toallas grandes para cambiarse no exterior. Este ano de forma excepcional reduciremos o número de participantes por grupo dos 18 habituais a un máximo de 12 para facilitar estas medidas. 

Destinatarios/as:

Para mozos/as nacidos/as entre 2006 e 2010. 

Obxectivos:

  • Aproveitar e gozar do tempo de lecer en contacto co medio natural.
  • Aprender a realizar as manobras de control e seguridade na embarcación.
  • Aproveitar os valores que transmite o deporte: desenvolvemento das capacidades físicas e motrices, disposición ao esforzo persoal e ás capacidades sociais, o traballo en equipo, a solidariedade e a tolerancia.
  • Coñecer as normas fundamentais de seguridade sobre o kaiak e prevención de riscos.
  • Coñecer a praia de Santa Cruz e a súa contorna costeira, procurar a súa conservación e respecto. 

Lugar de realización:

Esta actividade realizarase nas instalacións náuticas da praia de Santa Cruz, situadas debaixo da pasarela de acceso ao castelo. 

Convén levar posto:

Traxe de baño, camiseta de cambio ou lycra, chancletas ou escarpíns e toalla. 

Temporalización:

Nos meses de xullo e agosto, de luns a venres, en horario de 11:30 a 13:30 horas. Realizaranse un total de 7 quendas durante o verán nas instalacións náuticas da praia de Santa Cruz.  

  • 1ª quenda: do 13 ao 17 de xullo
  • 2ª quenda: do 20 ao 24 de xullo
  • 3ª quenda: do 27 ao 31 de xullo
  • 4ª quenda: do 3 ao 7 de agosto
  • 5ª quenda: do 10 ao 14 de agosto
  • 6ª quenda: do 17 ao 21 de agosto
  • 7ª quenda: do 24 ao 28 de agosto

TIS

Surf en Bastiagueiro 

Descrición:

Cursos de iniciación ao surf de 10 horas cada un, de luns a venres de 12:00 a 14:00 h.

O Concello achegará o material necesario (táboas e traxes). En cada curso ofertaranse 12 prazas. (Obrigatorio saber nadar). 

Medidas preventivas COVID-19:

Realizarase a desinfección do material, que será de uso individual. Non se utilizaran os vestiarios polo que recomendamos chegar a actividade xa preparados/as para comezar. Recomendamos levar toallas grandes para cambiarse no exterior. Este ano de forma excepcional reduciremos o número de participantes por grupo dos 16 habituais a un máximo de 12 para facilitar estas medidas. 

Destinatarios/as:

Para mozos/as nacidos/as entre 2003 e 2006. 

Obxectivos

  • Destacar na práctica diaria o factor lúdico. A diversión debe ser prioritaria para crear afección e gusto pola actividade deportiva.
  • Experimentar un xeito de mellorar as capacidades condicionais de forza, resistencia, coordinación, equilibrio e flexibilidade.
  • Dar as ferramentas elementais para que ao remate do curso o alumnado adquira as nocións básicas do surf, así como o seu material e manexo.
  • Coñecer a praia de Bastiagueiro (formación de olas, correntes...) normas de seguridade, riscos e precaucións.
  • Educar na consecución de hábitos de conservación e respecto do medio ambiente. 

Lugar de realización: d

Na instalación náutica da praia de Bastiagueiro. 

Convén levar posto:

Traxe de baño, camiseta de cambio ou lycra, chancletas e toalla. 

Temporalización:

  • 1ª quenda: do 13 ao 17 de xullo
  • 2ª quenda: do 20 ao 24 de xullo
  • 3ª quenda: do 17 ao 21 de agosto
  • 4ª quenda: do 24 ao 28 de agosto

Campus deporte 

Descrición:

As actividades incluídas nos campus deporte pretenden aproveitar a recreación deportiva como ferramenta na ocupación do tempo de lecer, así como descubrir e dar a coñecer actividades e instalacións con posibilidades de práctica dentro do noso concello e contorna.  Cada campus durará unha semana e ofertará ata 20 prazas cada un. O horario habitual será de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas.

É obrigatorio saber nadar.

Pregamos puntualidade á hora de deixar e recoller os/as participantes, tanto nas paradas do bus como no propio pavillón. 

Medidas preventivas COVID-19:

Realizarase a desinfección do material a utilizar así como das instalacións. Tamén realizaranse constante desinfeccións de mans dos/as participantes con xel hidroalcohólico. Optaremos por actividades que non impliquen contacto persoal e que garanten na medida do posible o distanciamento social. Será de obrigado uso a máscara naqueles momentos en que non se poda garantir este distanciamento. Desde o concello facilitaremos unha máscara ao comezo da actividade. Este ano de forma excepcional reduciremos o número de participantes por grupo dos 30 habituais a un máximo de 20 para facilitar estas medidas. 

Lugar de realización:

O punto de encontro será o pavillón polideportivo municipal de Bastiagueiro situado na rúa Uxío Novoneyra s/n, Bastiagueiro- Liáns (GPS: N 43º 20’ 23’’ W 8º 21’ 02’’); desde alí, e segundo o programa diario, desprazarase ás persoas participantes en autobús ata o lugar da actividade. 

Transporte:

Realizarase un percorrido de autobús polo termo municipal de Oleiros para recoller os/as alumnos/as e deixalos posteriormente nas paradas agás no campus Encoro da Fervenza (nas xornadas con chegada de tarde o bus non fará o percorrido, a recollida será no pavillón). É obrigatorio especificar na inscrición, da maneira máis precisa posible, o lugar da parada que se solicita, tanto de ida como de volta. O transporte conta con servizo de acompañante. É obrigatorio ir con máscara.

A listaxe cos horarios e paradas de autobús será enviada ao correo electrónico facilitado na inscrición e tamén poderá ser consultada no Servizo Municipal de Deportes o xoves anterior ao comezo de cada campus. 

Recomendacións:

Como norma xeral para as actividades deportivas é necesario vestir roupa deportiva e cómoda, tamén é recomendable traer crema solar e gorra.

A media mañá faremos un pequeno descanso para repoñer forzas polo que é aconsellable traer algo para comer (por exemplo unha peza de froita e auga). 

Convén levar posto:

  • Unha mochila pequena para gardar unha botella de auga e outras cousas, recomendamos mochila pequena de sendeirismo que non sexa de cordóns.
  • Calzado pechado e cómodo para camiñar e facer as actividades deportivas.
  • Roupa cómoda e axeitada ao tempo atmosférico.
  • Gorriña ou pucho para o sol.
  • Botella de auga e peza de froita.
  • Crema protectora para as/os nenas/os.
  • Para a actividade de patinaxe convén traer calcetíns altos que cubran a zona do patín. Se ten patíns ou proteccións, pode traelos.
  • Traxe de baño, gorro, chancletas e toalla para a sesión de xogos acuáticos.
  • Traxe de baño, camiseta de cambio ou lycra, chancletas e toalla nas sesións de surf kaiak.

Campus Deporte para nacidos/as en 2011 e 2012 

Luns: xogos deportivos

Martes: orientación e parkour

Mércores: xogos de loita musicais e xincana deportiva na praia

Xoves: escalada e xogos de auga

Venres: olimpíadas alternativas na praia 

  • Campus Deporte 2011-2012 do 20 ao 24 de xullo
  • Campus Deporte 2011-2012 do 17 ao 21 de agosto

Campus Deporte para nacidos/as en 2009 e 2010 

Luns: xogos deportivos

Martes: paddle surf e xogos musicais de loita

Mércores: ruta en bicicleta

Xoves: ruta de sendeirismo e ruta en kaiak

Venres: surf e rugby na praia  

  • Campus Deporte 2009-2010 do 27 ao 31 de xullo
  • Campus Deporte 2009-2010 do 10 ao 14 de agosto

Campus Deporte para nacidos/as entre 2007 e 2008 

o   Campus Deporte 2007-2008 do 3 ao 7 de agosto

Campus Deporte para nacidos/as en 2005 e 2006 

Luns: saída ás 10:00 desde o pavillón de Bastiagueiro, viaxe ao albergue do encoro da Fervenza, ruta en kaiak

Martes: ruta de sendeirismo, tiro con arco e iniciación ao rapel

Mércores: ruta en bicicleta e escalada en torre exterior

Xoves: tirolina, circuíto de pontes colgantes, baño no embalse e xogos acuáticos

Venres: obradoiro de areonáutica e actividade sorpresa e regreso aproximado ás 18:00 h no pavillón de Bastiagueiro

             *en función da metereoloxía podería haber algún troco no programa de actividades

 o   Campus Deporte Encoro da Fervenza 2005-2006 do 3 ao 7 de agosto

Campus Deporte para nacidos/as en 2003 e 2004 

Luns: saída ás 10:00 h desde o pavillón de Bastiagueiro, viaxe ao albergue do encoro da Fervenza, ruta en kaiak

Martes: Ruta de sendeirismo e tiro con arco

Mércores: Ruta en bicicleta e escalada en torre exterior

Xoves: Tirolina e circuíto en pontes colgantes

Venres: Actividade sorpresa e regreso aproximado ás 18:00 h no pavillón de Bastiagueiro  

o   Campus Deporte Encoro da Fervenza 2003-2004 do 10  ao 14 de agosto

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza