Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Deporte e saúde
Portada » Temas » Deporte e Saúde
   

NOVAS

     

Actividades Verán 2019

Páxina coa información das actividades de verán 2019 do Concello de Oleiros.

XXX Tríatlon Concello de Oleiros 11 maio

Normativa 2019   Resultados Organiza: Concello de Oleiros Correo electrónico: deportes@oleiros.org Teléfono: 981 610 000  Colaboran: ...

Piscinas Municipais

Actividades dirixidas Maio  2019    Piscinas Municipais   Prezos Públicos Piscinas    Información horarios   ...

VII Trofeo de Natación Artística Concello de Oleiros

O vindeiro sábado 27 de abril , terá lugar na piscina do INEF de Galicia , o VII Trofeo de natación artística “ Concello de Oleiros” organizado polo propio concello en colaboración co...

Liga Escolar de Judo Concello de Oleiros

Resultados  2019   As xornadas están orientadas  á promoción das categorías base deste deporte, e nelas participarán perto de 400 judokas procedentes de clubs da Coruña,...

   

DESTACADOS

     
« Atrás

INICIANSE AS ACTIVIDADES DE ENVELLECEMENTO ACTIVO DE OLEIROS CON MAIS DE 550 PERSOAS PARTICIPANTES

 

O Programa de Envellecemento Activo da concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros ten diversas intervencións encamiñadas ao mantemento dunha vida activa e plena da poboación maior de 60 anos. Dentro deste programa realizanse as ACTIVIDADES 60+: un amplo abanico de actividades dirixida a mellorar a condición física, social e cognitiva das persoas ao chegar esa etapa da vida.
 
As actividades deste programa desenvólvense en tres áreas de intervención:
 
·         Talleres de ximnasia: exercizos de equilibrio, coordinación, axilidade, flexibilidade, forza, resistencia e velocidade…dirixidos a manter unha condición física que proporcione autonomía na vida diaria
 
·         Talleres de ioga e relaxación: preparación corporal, posturas de ioga, exercizos respiratorios, expresión corporal, flexibilidade, eliminación de tensións... co obxectivo de manter o necesario equilibrio e un maior autocoñecemento do noso corpo.
 
·         Talleres de memoria: cun dobre obxectivo de adestramento cognitivo e de recuperación da memoria histórica. Neste último programa se coordinan e dinamizan uns proxectos de intervención que baixo o nome de “Oleiros na memoria” levan a cabo as seguintes actuacións:
 
-        Equipos de investigación: formados polas persoas participantes en cada grupo que se ocupan de recoller documentación da memoria histórica, fotografías, anécdotas, lendas, vivencias, revisións bibliográficas...
 
-        Equipos “Entrevistando a memoria”: conformados por persoas seleccionadas en cada grupo que se ocupan de entrevistar nos seus domicilios a persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar e que contan con capacidade para contar as súas vivencias.
 
-        Equipos do “Proxecto interxeracional”: actividade desenvolta nalgúns centros educativos de primaria polo grupo de memoria desa localidade, na que un grupo de maiores trasladan aos mais pequenos, nas propias aulas, as vivencias da súa infancia e lles contan historias relacionadas coa súa vila.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza