Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Deporte e saúde
Portada » Temas » Deporte e Saúde
   

NOVAS

     

Actividades de Verán 2020

Páxina coa información das actividades de verán 2020 do Concello de Oleiros.

Actividades deportivas de Verán

Folleto informativo       Kaiak en Santa Cruz   Descrición: Orientada fundamentalmente ao aspecto...

Piscinas Municipais

  Os centros deportivos abrirán  o vindeiro   VENRES 26 DE XUÑO. No período do  26 de xuño ao 13 de xullo  compensaránse os 17 días non disfrutados no mes de marzo...

Liga Escolar de Judo Concello de Oleiros

Resultados  2020 1ª xornada sub11 e sub13     As xornadas están orientadas  á promoción das categorías base deste deporte, e nelas participarán perto de 400...

OCIOLEIROS 2020

Preinscricións do 11 ao 20 de decembro, preferentemente na sede electrónica do Concello de Oleiros. En trámites online para cidadáns e empresas.

   

DESTACADOS

     
« Atrás

Actividades Verán 2017

 

ACTIVIDADES DE VERÁN 2017

PARA PERSOAS EMPADROADAS NO CONCELLO DE OLEIROS CALENDARIO DE INSCRICIÓNS 2017

  • Do 28 de abril ao 5 de maio: preinscrición
  • Do 9 ao 11 de maio: publicación de listas e reclamacións
  • O 12 de maio: sorteo público
  • 16 maio: publicación de listas definitivas
  • Do 18 ao 25 maio: pagamento e entrega de documentación
  • O 29 de maio: publicación de vacantes
  • A partir do 30 de maio: inscrición libre para prazas vacantes, presencialmente e por orde de chegada no Centro Cultural A Fábrica.

 A preinscrición poderá formalizarse:

  1. Na web municipal www.oleiros.org, na carpeta cidadá (non é necesario estar rexistrado/a. Tramitación sen certificado)
  2. Na conserxería do centro cultural A Fábrica (Perillo) de luns a venres de 8.00 a 15.00 horas. Neste caso axudarase a xente a formalizar a preinscrición a través da página web.

   As actividades de verán programadas dentro das Concellerías de Cultura, Deportes, Ensino e Xuventude accederán exclusivamente os solicitantes que estean empadroados en Oleiros, coas seguintes excepcións, que deberán ser debidamente acreditadas.:

  1. Os/as menores que vivan en réxime de acollida no Lar A Mercé
  2. Os/as menores que se atopen en situación de acollemente familiar en familias empadroadas en Oleiros
  3. Os/as menores non empadroados cando un dos proxenitores si o estea.

Documentación e accesos a preinscrición:

  1. Folleto de Actividades de Verán 2017: preme aquí.
  2. Páxina web de preinscrición: preme aquí. (Operativa do 28 de Abril ao 5 de Maio do 2017)

Publicación de Listados.

Listados provisionais (9 de maio do 2017): preme aquí 

Listados para o sorteo (12 de maio do 2017) : preme aquí.

  • Correxida a incrición nº 47 por erro administrativo na  selección de actividade.

    O sorteo celebrarase o día 12 de maio no auditorio de A Fábrica as 13:00 horas.

Listados definitivos de admitidos (16 de maio):

   Do 18 ao 25 de maio podedes pasar pola Fábrica, en horario de 8:00 a 15:00 horas, para recoller a folla de pagamento das actividades e devolver o xustificante posteriormente.

Fe de erratas: O Obradoiro de Teatro Xuvenil desenvolverase no Teatro As Torres en Santa Cruz e non na Casa da Cultura de Perillo.

 

Publicación de vacantes verán 2017: Preme aqui.

  1. Cada persoa poderá tramitar a inscrición da súa unidade familiar e dous nenos/as a maiores como máximo
  2. O prazo de pagamento será de dous días hábiles incluido o día de retidada do recibo
  3. Os interesados deberán recoller número de orden a través dunha máquina expendedora que estará operativa a partir das 7.30 horas.

Actualización Prazas Libres a data 31-05-2017: Preme aquí.

Actualización Prazas Libres a data 01-06-2017: Preme aquí.

 

 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza