NOVAS « Atrás Programa xuvenil de acondicionamento físico
Enlace preinscrición (de setembro a maio) Desde o Concello de Oleiros, somos coñecedores das limitacións que ten a mocidade para acceder á práctica regular de actividade física organizada fóra do eido federativo e competitivo. Con esta motivación nace o Programa xuvenil de actividade física para a saúde e que está composto polas seguintes actividades dirixidas: Programa base: CARDIO: Actividade cardiovascular orientada á mellora da resistencia aeróbica a través de actividades como o bike indoor, Bodybox ou Step. ZUMBA: Actividade aeróbica coregrafiada que usa como base musical ritmos latinoamericanos. BODY BOX: Actividade cardiovascular que mestura exercicio físico con artes marciais e movementos a base de puños e patadas. ADESTRAMENTO en SUSPENSIÓN: Acondicionamento físico en base ao traballo da forza e resistencia muscular, utilizando exercicios de autocarga en suspensión (TRX). CROSS GYM: Sistema de adestramento que mellora todas as calidades físicas básicas (forza, resistencia cardiovascular, velocidade, flexibilidade, potencia, resistencia á forza, equilibrio, coordinación, etc.).¿É un sistema baseado en levantamentos de cargas, exercicios ximnásticos e acondicionamento cardiovascular. Programa avanzado: FITNESS XUVENIL: Programa de iniciación ao adestramento en sala fitness dirixido exclusivamente a rapaces e rapazas entre 14 e 16 anos. Poderán acceder a el os rapaces e rapazas que teñan unhas destrezas e nivel físico básico suficiente a xuízo das persoas responsables do programa. O programa estrutúrase en 3 partes. - Primeira fase: Consta dunha entrevista persoal de 30 minutos (outubro) onde se formularán os obxectivos da actividade e se deseñará un plan de traballo. - Segunda fase (tutelada): Terá unha duración de tres meses (novembro, decembro e xaneiro). - Terceira fase: A partir dos 3 meses de tutelaxe poderán comezar a utilizar a sala fitness de xeito autónomo. Temporalización: Do 1 outubro de 2021 ao 31 de maio de 2022 (inscrición aberta todo o ano). Obxectivos Programa base: - Dar resposta á demanda de actividades de acondicionamento físico en idade xuvenil. - Xerar unha dinámica de actividade física para consolidar hábitos deportivos especialmente en mulleres de entre 12 e 18 anos. - Evitar o abandono da práctica deportiva na etapa adolescente. - Crear alternativas de práctica deportiva fóra do campo do deporte de competición e deporte federado. - Establecer ambientes de socialización ao redor da actividade física. Programa avanzado: - Iniciar a/o usuaria/o do programa na utilización dos aparellos da sala fitness. - Explicar a normativa de uso da sala fitness buscando a autonomía futura nesta. - Aprender as distintas partes do adestramento deportivo (quecemento, parte principal e volta á calma). - Acadar un acondicionamento xeral por medio deste traballo.
DESTINATARIAS/OS Poboación xuvenil entre 2009/04 (agás o programa avanzado 2007/06). |
|