Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Deporte e saúde
Portada » Temas » Deporte e Saúde
   
NOVAS

« Atrás

Escola Municipal de Golf

Rapaces e rapazas nacidos/as entre o 2005 e 2012. (Só empadroados/as en Oleiros) 

Dende a apertura e posta en marcha do Campo de Golf de Xaz, o Concello de Oleiros ten interese en divulgar e dar a coñecer  a práctica do golf entre a poboación en idade escolar do municipio.  Para elo, e grazas a un convenio de colaboración entre o propio Concello de Oleiros e as sociedades que xestionan o campo de golf de Xaz, crease a Escola Municipal de Golf. 

Esta escola deportiva ten por obxectivo iniciar aos nosos escolares no deporte do golf ao tempo que se inculcan  valores propios da disciplina en particular e do deporte en xeral. 

Os contidos básicos a impartir tratarán en primeiro lugar as regras as básicas do golf, tanto as propias do xogo como as denominadas de “etiqueta” (comportamento e conductas a ter en conta).  En segundo lugar  contidos técnicos  relacionados co denominado xogo corto e xogo longo ( Approach, Putt, Drive, Ferros, Golpes a green). E en terceiro lugar aspectos como a visualización do golpe, entendido como o proceso de imaxinar o vó da bola antes de golpear, e a propiocepción e o control postural, fundamental para conseguir movementos coordinados no golpeo. 

Como todo proceso de iniciación deportiva a metodoloxía caracterizarase pola utilización do xogo como unha ferramenta esencial do proceso de aprendizaxe, que deberá ser adaptado ás diferentes idades ás que irá dirixida a escola.   

O programa de actividade terá lugar no campo de prácticas do Campo de Golf de Xaz dende outubro de 2022 ata xuño de 2023,  coincidindo sempre as súas sesión co calendario escolar. O coste da actividade será de 17€/mes para os grupos A, B e C; e de 8€/mes para os grupos D, E, F e G 

A estrutura do curso organízase en 7 quendas en función de diferentes horarios e idades. Cada alumno/a terá dúas ou unha sesión semanais de 45 minutos/sesión de duración segundo a quenda. 

Destinatarios e quendas: 

Grupo A: para escolares  nacidos/as entre o  2011 e 2012. Luns e  martes de 16:30 a 17:15 

Grupo B: para escolares  nacidos/as  entre o  2009 e 2010. Mércores  e  xoves de 16:30 a 17:15 

Grupo C: para escolares  nacidos/as  entre o  2007 e 2008. Mércores e xoves de 17:15 a 18:00

Grupo D: para escolares  nacidos/as  entre o  2005 e 2006. Luns de 17:15 a 18:00 

Grupo E: para escolares  nacidos/as  entre o  2005 e 2006.  Martes de 17:15 a 18:00 

Grupo F: para escolares  nacidos/as  entre o  2011 e 2012.  Luns de 17:15 a 18:00 

Grupo G: para escolares  nacidos/as  entre o  2009 e 2010.  Martes de 17:15 a 18:00

 O Concello de Oleiros aportará o material necesario para a actividade. 

Para darse de baixa no programa, deberase presentar a solicitude da mesma por  rexistro antes do día 20 do mes anterior ao que desexa causar baixa.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza