Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Cultura
Portada » Temas » Cultura
   
NOVAS

« Atrás

Hora do conto, de febreiro a maio

O 4 de febreiro darán comezo as sesións da Hora do conto nas Bibliotecas Municipais de Oleiros, dirixidas a nenas e nenos a partir de 6 anos. Nos meses de febreiro a maio, nas sete bibliotecas municipais, levaranse a cabo 56 sesións de diferentes actividades infantís para fomentar a lectura e animar a que visiten as bibliotecas no seu tempo libre. Estas actividades realizaranse a través da narración ou dramatización dun ou varios contos. Tamén haberá música, maxia e outros espectáculos para atraer á lectura ao público infantil. Todos os actos terán un enfoque lúdico, fomentando a imaxinación e a creatividade, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de ilusión e fantasía.
 
Aforo limitado: É imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. Isto pode facerse chamando por teléfono ou achegándose persoalmente. Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización.
 
Os obxectivos que se intentan conseguir son fomentar a lectura a través do pracer e o gusto por esta, que se divirtan escoitando contos, facer novas lectoras-es ou consolidarlles este hábito e promover o descubrimento da diversidade dos libros. Preténdese introducir as-os nenas-os no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, coa que gocen e se entreteñan. Tratarase de espertar a sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, para que vexan que tamén se divirten e pasan momentos agradables cos libros.

Poden solicitar a información en calquera das sete bibliotecas municipais ou acceder á programación detallada nesta ligazón.

AVISOS
* Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, nas sesións presenciais será necesario notificar os datos persoais dos/as participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

* O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza