Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Cultura
Portada » Temas » Cultura
   
NOVAS

« Atrás

Recomendacións en Radioleiros: 16 outubro 2020

- Infantil (nenas-os a partir de 6 anos):
 
"O pintor cego" de Xabier P. Docampo. Ilustracións, Xosé Cobas
Editado por Kalandraka.  
Fermoso álbum ilustrado, obra póstuma de Xabier Docampo, que presenta a historia dun pintor coñecido pola calidade dos seus retratos, xa que era quen de reflectir a beleza interior de cada persoa retratada. Un día, un rei malvado chamouno para que fose ao seu castelo e fixese un retrato da raíña. Unha muller que ademais de ser fermosa, era boa e xusta. O pintor pediu vela, observouna pero non comezou a pintala porque se namorou dela. Pasaron os días e seguía sen pintar, ata que foi chamado polo rei que quería saber cando ía comezar.
-“Cando sexa capaz de abranguer e facer miña tanta beleza”, respondeu o pintor.
Isto provocou uns terribles celos no rei que ordenou encerrar o artista nun alxube escuro e húmido...
O magnífico texto está acompañado dunhas espléndidas ilustracións. Na contraportada do libro explícasenos que o cadro “A illa dos mortos” de Arnold Böcklin (que figura en varias páxinas do libro) contribuíu de xeito especial á creación desta historia, nunha viaxe artística compartida entre Xabier Docampo e Xosé Cobas.
Unha preciosa obra que pode axudar a explicar aos nenos e nenas que o importante é como sexan as persoas interiormente, a súa calidade humana, as súas virtudes.
- Mozas-os e adultas-os:
"La impaciencia del corazón" de Stefan Zweig. En Acantilado.
Tamén coñecida polo título La piedad peligrosa.
Presenta unha historia de amor, ambientada uns meses antes de que comezase a I Guerra Mundial, aínda que na narración xa menciona o conflito. O tenente Hofmiller, con só 25 anos, é destinado a unha aburrida localidade situada na fronteira húngara. Un día recebe unha invitación para acudir a unha cea ao castelo da familia Kekesfalva. Edith (a filla de Kekesfalva) sofre parálise pero o tenente non o sabe. Ao finalizar a cea, hai un baile e o militar sácaa a bailar. Cando a invita ela rompe a chorar pola súa incapacidade. O tenente volve varias veces ao castelo e Edith namórase del, pero el só sente compaixón por ela. Decide ocultar os seus sentimentos e dálle esperanzas de que se poderá recuperar. Incluso chegan a prometerse, pero isto non o recoñecerá en público.
Posteriormente estala a I Guerra Mundial. O tenente será ascendido e condecorado como un heroe.
Nas primeiras páxinas da novela, que acontecen no ano 1938, o escritor atópase con Hofmiller. Neste encontro o militar cóntalle ao escritor o motivo do seu heroísmo: foi á guerra como unha especie de expiación polo que fixera, por iso non tiña medo á morte.
Un fermoso relato, cunha boa prosa, na que demostra que Zweig tiña un profundo coñecemento da natureza humana. Fala dos sentimentos e das consecuencias que poden ter certos comportamentos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

IMPRESOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza