Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Cultura
Portada » Temas » Cultura
   
NOVAS

« Atrás

IV Día das escritoras na Biblioteca de Santa Cruz

https://photos.google.com/share/AF1QipMLdvJgkx3iqty2QOXzzKZiReJZ8hv41aKWU3l9l6b9PtjXdAmty8eMdzSPgvZIrw/photo/AF1QipM9tXIz3YY57x4WBbHM2h_DgctNa_QImremfPtL?key=OU1xTDUwR2ptRU5KNXBwdVRGYk5vT21jcXYtdTBR

A Biblioteca Nacional de España organiza por cuarto ano consecutivo o Día das Escritoras, baixo o tema "mulleres, amor e liberdade", celebración concebida para «difundir o legado cultural das escritoras hispanas e hispanoamericanas, recordar as dificultades que enfrontaron e destacar o valor das súas obras». Xunto á BNE, o acto está promovido pola Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas (CyM). 

A Biblioteca Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro (Santa Cruz) súmase a esta celebración coa lectura de textos de Alfonsina Storni, Wislawa Szymborska, Rosalía de Castro e Sor Juana Inés de la Cruz. As lecturas serán realizadas por Silvia Salgado, Cecilia Monllor, Pepe Taboada, Julia López Ameijeiras e Luisa Bassave. Será o luns 14 de outubro ás 17:00.

Así mesmo, convidamos a todas as persoas a visitar a Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro, onde poderás atopar numerosos recursos documentais relacionandos coa situación das mulleres así como textos literarios escritos e/ou protagonizados por elas.

IMPRESOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza